FDQA 2 (VI)
Dille á túa raíña, sicario, que eu o que como é pan. Heivos mete-lo ikea polos fociños.
Foi o único que se me ocurreu escribir na resposta comercial sen franqueo do instituto ese de consumo.
Queren saber no que gastas os cartos para dirixir mellor a oferta e que poidas gastar máis e mellor. E non tes que paga-lo selo. Xa o paga o ministerio cos teus cartos.
Sortean entre os participantes da encosta varios premios de €kus (algún de consolación).
-Según las encuestas, los hábitos de consumo de los españoles…
-¡Merda de bar! -dí sempre Ramón- ¡Eu bebo, non consumo!
Efectivamente parece que o consumo é por fin un hábito. Un costume. Como a Navidade. Poida aínda que sexan o mesmo.
O que non recibín foi nunca unha carta ou encosta do Ministerio de Saúde, se o hai, preguntándome se me doe aquí ou alí, ou qué enfermidades sufrín, sufro, ou vexo vir.
Igual con esa información melloraban os servicios sanitarios. Nono sei. Pode que non haxa presuposto ou igual haxa que empezar a desmantela-los hospitais á vista de todos porque a enfermidade non é rentabel.
- Eu se enfermo, me compro un remedio.
- ¡Vas oh…!
Cando me veña a encosta de Saudade vou poñer que aínda que agora mesmo me encontro bem, neste ano sufrín ós demáis igualiño que me sofren a min, e que estou vendo vir a resaca de mañá.
0 , comentar:
Publicar un comentario