FDQA 2 (I)
Compras o mellor licor e non tes a quen invitar.
Un coche e non tes onde ir, nen a quen levar.
Un gps e non sabes onde estas, nen onde vas.
Un cento de libros que non les.
Unha cámara que non recolle nengunha festa.
Un teléfono que non soa nunca.
Un millón de canais que non verás.
Unha ducia de discos que non escoitas.
Un millar de películas que non disfrutas.
Unha finca enorme. Terra sen froito.
Unha mascota que abandonarás.
Úsa-lo traxe un día. Non che gusta o teu traxe.
Recórdame á necesidade inmediata e transitoria dos nenos.
Sepultas de comodidades a túa vida e xa non vives.
Moitas cousas non valen o que costan. Outras non costan o que valen.
¿E ti para que vales? ¿Canto costas? ¿Que sabes facer ti? ¿Que fas?
- E cóntame… Ti es un individuo que ¿que?…
- Eu teño…
- Nada. Non oes.
Coñezo un normando que é bretón, e “à la tête de cons ” e fai o truco da “septe boule”. Levanta sete bolas no aire en continuo movemento. Non precisa medalla. E sabe facelo. É cApAz.
François sabe moitas cousas amais desa, e unha delas é que ignora máis das que coñece.
- ¡Enfànts!… ¡Mademoiselles! … ¡ Regard le encroyable truque de la “septe boule”!
- En Vigo lle din “bolingas”.
En troques hai quen fai os malabares coas facturas.
Conxuntura diametralmente oposta á primeira. Si.
0 , comentar:
Publicar un comentario