FDQA 3 (III)
-¡Tódavidatraballandoeaturandosenquenadiemecomprendaciendavai- mequitalocarné…!
- Quieto Lou… ¡Non te alporices!
Dixéronllo cen veces, que ese ritmo era o doutro animal. Fixo tódalas trampas que precisou, disposto sempre a engrosar un pouco máis. Olvidouse e distanciouse de amigos e extranos, e a xente convirtiuse nalgo borroso e uniforme. Perdeu a bidireccionalidade. Todo concorría nel e o enchía de nada. Toda esa ansia de pracer e fortuna era nun espello o reflexo do que buscaba. A realidade quedaba ás súas costas, en sentido oposto. Cada vez máis lonxe.
Encheuse de vicios e viciouse e encheuse.
Perxudicou sen escrúpulos e apenas escoitaba xa. Só oía.
Era unha quenlla branca, que se drogaba de darse a razón argumentando que lla daban para seguir cara adiante e non morrer de asfixia.
E os que o coñecimos asistimos ó seu enterro en vida. Sepultado nas súas proprias carnes. E entristecémonos do curta que foi a agonía na que se convertera a súa vida. Apenas media idade dos nosos maiores.
- Hay una vida después de la muerte…
- Nono sei… ¿si?… ¡E outra antes!
- Merquei un nicho pra cando morra…
- Pois xa te-lo futuro asegurado.
Pasará moito tempo antes de que volte a se converter no pó da estela dunha estrela que foi.
Pasará un eón, e ó fin, físicamente, será un trillón de cousas distintas.
Só pasan cincoenta mil anos e parte de seu, que alimentou a un bicho, que comeu un paxaro, que morreu nunha leira, que cultivou unha muller, que fabricou un satélite, que estivo en órbita, que se perdeu no espacio, que caeu nuha estrela, que se fundiu con ela, e evaporou…, que quedou atrás no vacío, acabou flotando na estela dunha estrela.
¡Qué rápido pasa o tempo!
- Sí señor. O máis rico do cemiterio.
- Cala e come, ¡Verme!
0 , comentar:
Publicar un comentario