Novedades Carminha suben á rede o seu disco “Te vas con cualquiera”
O conxunto de punk Novedades Carminha ven de subir á rede o seu disco Te vas con cualquiera, editado no ano 2009 en vinilo e cedé polos selos discográficos Bowery Records, Lixo Urbano e Rumble Records. O trío compostelán afincado en Madrid aposta, como xa fixera co seu primeiro traballo Grandes Éxitos, pola libre descarga como forma de chegar dun xeito máis directo ao público, sen agachar de ningún xeito o seu amor polas boas edicións en formato físico. O disco poderá ser descargado até o 2 de marzo no seu perfil da rede social Facebook, premendo no link destinado a tal efecto.
Te vas con cualquiera, terceiro mellor disco do ano 2009 en Galicia-Castilla y León para a revista Mondo Sonoro, foi editado hai 3 meses en cedé polos selos discográficos Lixo Urbano e Rumble Records, nunha edición conxunta e limitada a 500 copias que se pode adquirir en tendas ou contactando directamente cos respectivos selos.
Actualmente, a banda está a preparar un novo traballo que verá a luz a fináis do próximo mes de abril. Nesta ocasión, os composteláns sorprenderán cun single en formato vinilo de 7” que editará o selo madrileño Bowery Records, gravado e misturado o pasado mes de decembro nos Estudios Tigruss de Gandía (Valencia) por Pepe Gomar e masterizado en Galicia por Tomás Ageitos.
Contacto: novedadescarminha@gmail.com
www.myspace.com/novedadescarminha
www.facebook.com/novedades.carminha
recibido en rockgaliza@gmail.com
seica algún de vós non está pola labor de ter perfil no facebook, velaquí a ligazón de descarga para eles (espero que non lles amole, comunicaréillelo), pero se o tedes, non dubidedes en pedirlles amizade, porque paga a pena...
0 , comentar:
Publicar un comentario