40 anos de ROCK condensados nun proxecto
'70
led zeppelin definen as bases do que agora coñecemos como ROCK n' roll mesturando a psicodelia hippie e mailas raíces da música folk americana co blues e o rithm & blues da época. Cunha traxectoria impecable, publican seis obras maestras que venden máis de trescentos millóns de exemplares e marcan influencias ata hoxe.
'90
trala experimentación de sonidos sofrida nos anos oitenta (non sempre con éxito), créase unhna escena independente ianqui cun son que recolle a forza do metal da década que remata, pretendendo recuperar a pureza do ROCK clásico, pero lixándoo co punk niuiorquino de finais dos sesenta. O movemento, chamado grunge (termo que se traduciría coma sucio ou malamañado), emerxe na costa noroeste dos Estados Unidos, en Seattle, baixo o selo sub pop, sendo nirvana a banda paradigma do estilo.
'00
nesta década de cambios e exceso de información, en contraposición co oportunista éxito do nu-metal e lembrando a psicodelia dos Sabbath, cobra forma un proxecto que comezou hai anos sen moita sona, paralelamente ao grunge. Falo do rock stoner ou ROCK do deserto dos Kyuss, grupo do que xorden unha enchenta de bandas de calidade coma slo burn, hermano, fu manchu ou unida, pero que consegue triunfar agora da man dos queens of the stone age (qotsa).
Non vos fago esperar: podedeslle pór cara ao polifacético culpable deste éxito: Josh Homme, guitarrista de kyuss, qotsa e eagles of death metal e solista destas dúas últimas, engadídelle ao mellor batera cotemporáneo, Dave Grohl, responsable de nirvana, foo fighters, probot... e colaborador de qotsa tamén e, para rematar, aderezade todo co savoir faire de John Paul Jones, baixista dos zepppelin e pianista cando é mester. O Resultado?
0 , comentar:
Publicar un comentario