...

18 may 2010

XVII Festival de Cerceda.

este sábado 22 de maio...

Cerceda será a primeira vila galega en declararse «100% libre da SGAE»


Farao dunha forma simbólica o próximo 22 de maio durante a celebración do seu 17º festival

A localidade coruñesa de Cerceda será o primeiro pobo galego en declararse 100% libre da SGAE, aínda que só de forma simbólica. Será o próximo día 22, cando se celebre a 17.ª edición do seu festival, organizado pola Asociación Cultural Lucerna e dedicado desta volta á cultura libre.

«É un tema que está de moda, pero xa vén de atrás», lembra Xosé Bocixa, membro de Lucerna. «Eu formo parte do grupo Zenzar, levamos cinco discos editados fóra da SGAE e houbo un momento no que era case ilegal. Chamábannos para ameazarnos sen pertencer a eles», explica. De aí que á asociación, composta na súa maioría por xente do pobo vinculada a grupos musicais, centre boa parte da súa actividade en concienciar á xente de que hai outras opcións.

Así, a edición deste 2010 inaugurarase cunha mesa redonda na que se debaterá sobre os bens culturais de uso común, unha alternativa aos tradicionais dereitos de autor. Esta cita contará, entre outros, con Francisco Alvarellos e Joaquín Riera, socios da Casa de Música, «un espazo multidisciplinar compostelán que ofrece asesoramento a locais e grupos sobre lexislación e licenzas», en palabras de Bocixa.

As actividades da tarde completaranse coa proxección de curtametraxes que non están suxeitas á SGAE e coa iniciativa de que os bares da zona pinchen unicamente música libre. «Xa falamos cos locais e distribuímoslles temas en MP3. Iso non é ningún problema, hai miles e miles», sinala Bocixa.

Para a noite resérvase o prato forte do festival. Tras a lectura do manifesto que declarará á vila libre da SGAE, terán lugar as actuación musicais, da man dos grupos locais 12 Labirinto e Gendebeat, dos vigueses Selectah in Helicopta -que serán os encargados de pechar a noite- e Leo i Arremecághona, dos coruñeses Fracasados de Antemano e da banda de metal Nao.

A iniciativa de Lucerna está sendo moi ben acollida porque, segundo Bocixa, a oposición á SGAE é xeralizada. «A xente está queimada, o que fan é unha auténtica sangría. Pretendemos amosar que hai outras solucións para a xente modesta deste negocio», sinala Bocixa. «Moitos están en contra, pero pensan que non está na súa man facer nada. Nós non somos uns expertos, pero colaboramos co noso gran de area», conclúe.

(Míriam Vázquez Fraga, 11-05-10, la voz de Galicia)

Read more...

12 may 2010

AS SILENCIADAS


As silenciadas é un documental histórico que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio… O seu papel foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia e cómpre coñecelo.

www.silenciadas.com

Read more...

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA