...

26 abr 2007

arte urbana (XXVII)

Autopromocional da canle "cuatro"

Read more...

13 abr 2007

rockgaliza na xgn 07


Como xa vos dixen, Pakolas estivo na xgn07 e capturou esta escena na que rockgaliza aparece no proxector dunha sala de conferencias na que os de compostela wireless falaron de software libre, de GNU-Linux, Gnome e demáis GNÚS.

Read more...

Concurso de pintura "O neno labrego"

O neno labrego presenta o seu primeiro concurso de pintura.
Eu permitinme a libertade de facer pública a convocatoria (se este post desaparece nos vindeiros días será que non tiña tal libertade, pero non o creo)
Tedes até o 15 de xuño para presentalas vosas obras... apurade, eu xa estou nelo
Aquí tedes as bases:

BASES DO CONCURSO DE PINTURA
O NENO LABREGO 2007
1 PARTICIPANTES E TEMÁTICA.
1.1 Poderán participar tódalas persoas maiores de 18 anos.
1.2 A temática das obras será "O cannabis e os seus entornos".
2 CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS E DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE AXUNTAR.
2.1 Cada artista poderá presentar unha única obra.
2.2 Os traballos presentaranse en soporte con dimensións máximas de: altura 80 cm x longo 100 cm.
2.3 As obras poderán realizarse con total libertade de técnicas e procedementos.
2.4 As obras deberán presentarse en condicións de ser expostas.
2.5 As obras entregaranse asinadas co nome ou seudónimo. Coas obras acompañarase un sobre pechado identificado co mesmo nome ou seudónimo que a obra, no que se incluirá unha ficha e os seguintes datos: nome ou seudónimo, unha fotografía da obra presentada, técnica e dimensións, datos personáis do autor (nome, apelidos, dirección e teléfonos) e breve referencia á relación da obra co tema do concurso.
2.6 Non se admitirán, en ningún caso, obras realizadas en materiais molestos, ou perigosos pola súa integridade ou transporte.
2.7 As obras non presentadas baixo estos requisitos non se admitirán.
3 PREMIO
3.1 O premio do concurso consistirá nun lote de productos de cultivo de cannabis terapéutico valorado en 300 euros, composto por equipamiento para cultivo na casa, equipo eléctrico, abonos ecolóxicos, paquete de 10 sementes biolóxicas de cannabis e un Vaporizador artesanal. Ademáis a obra gañadora formará parte do mobiliario nas tendas O Neno Labrego. Igualmente o autor poderá exponer, si o considera, outros traballos propios nas tendas de Santiago, Pontevedra e na web www.onenolabrego.com
3.2 A concesión do premio a unha das obras presentadas a este concurso, implicará automáticamente a cesión da mesma a favor de O Neno Labrego SL, quen adquire a condición de propietario da obra cos dereitos inherentes a tal condición.
4 INSCRIPCIÓNS E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS OBRAS
4.1 O prazo de admisión das obras estabrécese entre o 15 de marzal e o 15 de xuño de 2007.
4.2 As obras presentaranse nas tendas Grow shop de O NENO LABREGO, en Pontevedra ( Dona Tereixa 4, Baixo), i en Santiago (Rúa Travesa 4, baixo).
5 XURADO
5.1 Pra calificar, seleccionar e valorar as obras presentadas polos participantes, O Neno Labrego designará un xurado integrado por tres membros, todos con voz e voto, entre os que se nomeará un presidente e no que haberá alo menos un licenciado en belas artes. No caso de empate o voto do presidente será decisorio.
5.2 O xurado estará facultado para resolver calqueira cuestión non prevista nestas bases. A súa decisión será inapelable. O faio do xurado publicarase nas grow shops O Neno Labrego e na tenda on line www.onenolabrego.com. A entrega de premios terá lugar durante o presente ano, en temporada estival na data que oportunamente se anunciará.
5.3 As obras non premiadas deberán retirarse a partir dos 15 días do anuncio do faio do xurado, cun prazo máximo de recollida dun mes. Transcurrido dito prazo O Neno Labrego poderá dispor libremente das mesmas.
6 ACEPTACIÓN DAS BASES
6.1 A participación na Certame implica automáticamente a aceptación destas bases que serán interpretadas polo xurado naqueles aspectos non previstos nas mesmas.
6.2 O Neno Labrego non se responsabiliza dos danos ou pérdidas que poideran sufrir as obras presentadas na certame, se ben vixiará pola súa correcta conservación.

Read more...

12 abr 2007

Xuventude Galiza Net 2007

O xgn07 xa rematou, pero Pakolas estivo ali para nolo contar:

antes
namentres
despois

Read more...

11 abr 2007

Riff Raff no TNT

O vindeiro sábado 14-abril, no TNT (xa mítico local de heavy-rock cun ano de vida) teréis tod@s unha boa oportunidade de desfrutar cos temas de AC/DC tocados por uns ferrolans amantes das boas versions: Riff Raff, seica o cantante, Toñito é comparado por moitos co finado Bon Scott, o que non quita para que dea o seu toque persoal ós temas da etapa Brian Johnson.

TNT: 5º tema do 1º album de AC/DC "High Voltage" editado en 1976
RIFF RAFF: 4º tema do album "Powerage" editado en 1978

galerías de Santiago de Chile 25-31
ENSANCHE COMPOSTELA

Read more...

arte urbana (XXVI)

Compostela marzo 2007

foto: Pakolas
foto: Pilo

unha nova sesión de artes (marciais) urbanas

Read more...

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA