...

17 dic 2007

Torneo de Nadal de Criquet Ambigú

Contabamos con iso, pero de novo Ghran éxito dun novo torneo de dardos no Ambigú. Velaí a reportaxe (fotos by Ambigús)

ainda que o parecera (e o merecera), Miguel non levou a culler de pao.
Mariña arrebatoulle o honor
7º posto para a sorrinte Conchi
o 6º Massoxi
Repite no 5º Pakolas
Arturo gañou o 4º lugar
Carlos, aka humanoide, estrea podio cun meritorio 3º posto
O finalista foi David (a piques de gañar)Suso non defraudou e gañou, noraboaEu, cando xa dera todo por perdido, leveime a GHRAN CESTA de Nadal
Parabéns, gañadores, ben xogado. Eu a entrenar (combustible teño de abondo)

Read more...

XI nacional de futbolín Presas

Palmarés:

BOLA PARADA

1º Jesús - Sixta (Gerona)

2º Dani - Rafa (Barcelona)

3º Meizoso - Presas (Lugo)

BOLA EN MOVEMENTO

1º Lupi - Manolito (A Coruña - Sevilla)

2º Emilio - Santiso (A Coruña)

3º Calviño - Lolo (A Coruña - Lugo)

FEMININO

1º Silvia - Alba (Lugo)

2º Inés - Nina (A Coruña)

3º Vanesa - Ana Mari (Castellón)

(os datos, acadeinos en www.futbolin.wordpress.com)

Noraboa, máis en www.mundofutbolin.com

Read more...

3 dic 2007

2º torneo futbolín pirañaROCK-PRESAS

tras 4 duras horas de dor no lombo, xa temos o palmarés do 2º torneo de futbolín pirañaROCK.

o "camioncillo rojo" do torneo o gañamos a pulso Víctor e máis eu
por riba de nós quedaron Carlos e Virus
os cuartos foron Fran e Chus
terceiros a piques de acadar premio, Rafa e Mou
confirman a súa boa forma José e Inés como finalistas
gañadores do torneo Kuki e máis Edu
os catro da final gañaron praza no nacional PRESAS, noraboa

Grazas ós participantes e a Recreativos Presas, vémonos no Campionato Nacional

Read more...

16 nov 2007

2º Torneo de futbolín pirañaROCK

O vindeiro 1º de decembro celebrarase no templo de ludopatía no que convertíuse o noso bar pirañaROCK o segundo torneo de futbolín.
Nesta ocasión a escusa é permitir ós mellores xogadores do bar poder participar no campionato nacional (7 e 8 de decembro no hotel Torres de Compostela, en Santiago) por unha módica cantidad (10 € mentres que a inscrición do nacional son 70 € por parella).
A dinámica do torneo será a do anterior: Comezará ás 18 h. do sábado 1º de Nadal e segundo o número de participantes formaranse grupos dos que sairán os semifinalistas.
Os gañadores acadarán unha praza no nacional e máis algún premio en metálico ou trofeo por determinar. No caso de haber máis de 10 parellas inscritas serán duas as parellas que vaian gratis ó campionato.
A modalidade é "movemento", como no campionato: Non está permitido parar nin cambiar adiante e tampouco se permiten "setes", rasear, parar por detrás nin remaches cos dianteiros.
Podedes inscribirvos aquí ou no pub cando queirades.
Un saúdo e SORTE!

Read more...

14 nov 2007

XI campionato nacional de futbolín Presas

Presas presenta o seu XI campionato nacional de futbolín e non podiamos deixar de anuncia-lo neste blogue, pois a sede, nesta ocasión, é Santiago de Compostela.
Celebrarase no Hotel Torres de Compostela **** e a inscrición é de 70 €. Os premios en xogo chegan ós 8000 €.
máis información en www.rpresas.com e en www.mundofutbolin.com

Read more...

2 nov 2007

Noite de meeedooo!!!

Read more...

24 oct 2007

Tetra & Freek no pirañaROCK

este sábado, 27 de outubro, non volo perdades:
se queredes saber máis deste incomparable grupo, consultade esta outra entrada e mailo seu myspace




Para ós que volo perdiches: momentos inesquecibles da súa aparición:

presentación
a quenta-lo público
o terceiro compoñente entra na escena
alardes de interpretación nos "solos"
a famosa cucaracha
non, grazas a vós!
o cuarto membro tamén sae na foto (a iso foi)

Read more...

23 oct 2007

1ª Torneo de Futbolín pirañaROCK

Gran ambiente e curiosidade ó redor do futbolín.
Nun momento de relax no medio da final.
Pilo e Pekas, a parella de moda. Quedaron oitavos.
Chus e Yago, irmáns e sétimos.
Omar e Mata, sextos pero contentos.
Adolfo e Víctor acadaron o quinto lugar.
Lois e Taha, desconsolados trala final de consolación: cuartos.
Xurxo e Roi, cuartos na liguilla, acadaron o terceiro posto na repesca.
Inés e José, unha gran final, pero a perderon.
Virus e Carlos, primeiros gañadores do futbolín pirañaROCK.
Recollen o seu merecido trofeo.
Carlos marcha co seu a Zamora. Noraboa.
Virus cede o seu trofeo á vitrina do pirañaROCK. Noraboa tamén.

Read more...

4 oct 2007

1º Torneo de futbolín pirañaROCK

1º Torneo de futbolín pirañaROCK

No vindeiro sábado 20 de outubro celebrarase no piraña ROCK o noso primeiro torneo de futbolín. Estades tod@s convidad@s a participar. Listas de pre-inscrición abertas no pirañaROCK...
Inscrición: 10 €/ parella
Sistema de xogo: liguilla por grupos e eliminatoria
becas:
1º- 50% da inscrición total
2º- 30%
3º- 20%
horario: de 17h a...
(máis información no pirañaROCK)

tamén podedes darvos de alta aquí

Read more...

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA