...

4 mar 2011

desligados do miúdo

A casa de música e o café Miúdo presentan:

Hai moitas razóns que fan que este concerto sexa imprescindible nas nosas axendas

1-Celébrase a despedida do café Miúdo de Compostela, lugar de reunión sen par para a bohême compostelá. Un continente entrañable cun contenido (jazz, xadrez, palabras, folk, licor café, persoas...) trístemente raro nestes tempos.

2-Reúnense máis de vinte bandas, dúos, tríos ou solistas que interpretan cultura libre. Músicas creative commons que foron un día escoitadas en directo no Miúdo e que, para este día especial, se trasladan ao Auditorio de Galicia.

3-A variedade de estilos déixame sen ostentosos epítetos. Jazz, folk, rock, punk, hip hop, metal... mimá, todos xuntos, nun acto de rebeldía fronte á conformidade: coido que están moi ben as manifestación en contra das leis que restrinxen o acceso á cultura, pero, que mellor protesta que a reivindicación das alternativas reais? Que existen é un feito, e os privilexiados que veñades ídelo ver.

evento desligados do Miúdo no facebook

Read more...

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA