...

7 mar 2012

Documental TORREIROS



Documental que homenajea la figura de l@s farer@s que están desapareciendo.

Podéis apoyarlo en la siguiente dir:

Read more...

4 feb 2012

Festival MUNDOSONS

    Nesta primeira edición adicado á música afroamericana.
    Moito funk e moi bo blues.

    Representacións arxentina, mexicana, galega e madrileña.

    2 días de Concertos na Sala Capitol!!!
    Todo moi baratiño 16 pavos o bono para os dous concertos
10 € cada xornada (venda anticipada na REIXA TENDA)

7 MARZO · PHANTOM CLUB (Gz/Arxentina)
         + Los MIGHTY CALACAS (a nova banda méxicana de Marcos Coll)

17 MARZO · BAKIN BLUES BAND (Compostela)
         + MAMAFUNKO (tributo James Brown)

Permanecede atentos!!!
Axiña toda a programación de actividades para esa semana nos garitos máis emblemáticos de Compostela. (Cachán, Reixa, Fraggle, Ultra, Embora, Soul&Sombra, La Radio, Modus...)

Ti tamén es MUNDOSONS!!!!

Read more...

16 ene 2012

Próximos concertos en Compostela

Grandes citas agardan por nós neste comezo de ano na Capitol:

Letz-Zep o 28 de xaneiro coas mellores covers dos Zeppelin.
18/23€

Misfits o 9 de febreiro con Jerry Only como único dos orixinais.
22/27€

Corizonas o 10 de febreiro (Coronas + Arizona Baby).
15/18€

Thin Lizzy o 12 de febreiro con 4 dos membros clásicos.
30/35€

Nada Surf o 17 de febreiro
18€+ gastos

Diamond Dogs o 25 de febreiro
15/18€

The Jon Spencer Blues Explosion o 13 de marzo
18/22€

Mark Lanegan Band o 28 de marzo
18€+ gastos

A Venta de entradas adoita ser en:
A Reixa Tenda (Santiago)
Portobello (A Coruña)
Elepé (Vigo)
ou Online:

Read more...

15 ene 2012

The Answer na Capitol

Este sábado, 14 de xaneiro, dentro do ciclo "Compostela ROCK" na Capitol, gozamos co concerto de THE ANSWER, unha das bandas máis en forma do Rock internacional.   
    Estiveron enormes os irlandeses na súa visita a Compostela!
    Comezaron cunha das máis "resultonas" do último traballo: "New Day Rising" (Revival, 2011), pero axiña puxéronos os pelos coma escarpias co "Under the Sky" do primeiro (Rise, 2007).
    Diríavos cales tocaron do 2º (Everyday Demons, 2009) pero a verdade é que é o que menos controlo (non debeu ser así entre os asistentes ó concerto pois mercábano en vinilo e cd por ducias).

    Momento máxico no tema "Preaching" do Rise (un dos nosos favoritos no piraña) cando baixou co público e fíxonos sentar no chan (ou rezar xa que estabamos co tema)... moi divertido, si señor.
    Un "boas noites Santiago" ó comenzo e mais uns "graciñas" tralos aplausos e xa tiña o respectable no peto, tanto que nos permitiu cantar con el un par de veces, tamén preguntou pola bebida típica nestas latitudes...

    e por sorte (para nós que estabamos cunha chea... non sei se tamén para eles) atopámolos na Reixa ás tantas e, como "answer" á súa pregunta, convidámolos a un LK, pero seica gustáronlles máis as cervexas locais.
    A verdade é que nos pareceron uns tipos do máis simpático.

Read more...

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA