...

22 jun 2006

FDQA 3

Francisco Alvarellos Maceira
Falador

CÓDICE FALADOR:

- O críptico na Fala é seguramente ornamental.
- Algún nomeado na Fala é xente de por aí, para paz de poucos.
- A Fala pretende ter licenza Creative Commons por principios. Tal licenza se multiplica por segundos para evitar que terceiros pretendan rouba-los cartos que gardabas para os quintos.
- O animal máis perigoso é o human cun pao. A mensaxe máis poderosa é a escrita.

FALAS:


- CW-GNU/Linux
- Da concavidade do universo.
- O máis rico do cemiterio.
- O chino mandarín.
- O Faro de Vite.
- O polo sen cabeza.
- Temporar.

Read more...

21 jun 2006

FDQA 3 (I)

CW-GNU/Linux


Orgullo: Sentimento lexítimo da propria dignidade.

O Doutor Alexander Flemming doou á humanidade o seu descubremento: A penicilina. Non permitiu que se empregara tal instrumento de vida como instrumento de morte.
O palurdo de Rockefeller doou quinientos millós.
Que bem me caeu sempre o Doutor Flemming.
O Señor Linus Torvalds e moita xente coma el, fixeron o mesmo. Liveraron a tecnoloxía informática. Liveraron, de liverdade. De autoridade moral. De imperanza da intelixencia. De devolución da propiedade intelectual. De herdanza tecnolóxica. De evolución humana. De Revolución.
A humanidade é dona por fin da súa capacidade tecnolóxica.
Quen pense que se trata dunha paranoia cibernauta, non é culpabel. Non hai que preocuparse. En breve verase a realidade informática. Esa luita está gañada. E todo grazas á intelixencia e humanidade dun fato de paranoicos cibernautas. ¿Non é incríble o Mundo?
Hugo sempre anda compilando Kernel:

- Un día vés e ves cómo como peces na PCera.
- Ferramenta tecnolóxica. Ti si que sabes.

Non existe límite. Por fin o límite es ti, non a máquina.
Voume rir das acciós de “MintoSoft”.
A ver se reventan dunha puta vez. Necesitamos de Flemmings, e de Stallmans e de Torvalds. Dame a risa de pensa-lo que a xente vai ser capaz de facer. De repente sentes o orgullo de mellorar o funcionamento dun botón de Impresión.
Impresionante.
Contribuir en troques de Conseguir.
Que bem me caeu sempre o Señor Torvalds:

- ¡Bravos!
- ¡Bravas!

Afundímonos na tecnolóxica maltreita fenda esa… Que impón á xente a vivir sen a súa herdanza lexítima de coñecementos.
Este dereito tampouco se solicita. Esíxese.
Xa lle pasou ós pobos de norteamérica cando un branco similarmente ben parecido lles obrigou a vender a propria terra, a ponderala e burocratizala.

- Pero…¿Qué terra queredes posuir?
- Pero…¿Qué coñecemento queredes comer?

O que ides tragar é o abucheo da historia.
A vergoña allea dos vosos (si é que tedes). A min non me miredes.
Podería caer nas vosas Redes. Non sabedes tanto coma credes.
Ninguén sabe tanto (xa o sabedes). E eu me pregunto ¿Cántos seredes?
De chourizos unha ristra deles.
Ou igual sodes catro. E cobardes.

Read more...

20 jun 2006

FDQA 3 (II)

Da concavidade do universo


O Mundo é ó revés.
Existimos nunha burbulla nun río de lava. Furando en liña recta atravesaría-la corrente, e toparías con outros universos. Outros Mundos.
Cando miramos ó infinito, miramos ó infinitamente diminuto. O Universo é infinitamente cativo.

Cára fora é cára dentro. Grande é pequeno; e lonxe é preto. Os lentes e as lupas están postas do revés, e os potentes telescopios dos observatorios astronómicos son microscopios xigantes.
¿Ou diminutos? ¡hjuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuy!

- Entón… ¿cómo é de ghrande Ághata?
- ¿Cómo ghrande?

As árbores empequenecen cara dentro, cara o cheo ínfimo. E o realmente grande é a Terra que pisas.
Mira cara abaixo e fíxate bem no que andas.

Read more...

19 jun 2006

FDQA 3 (III)

O máis rico do cemiterio


-¡Tódavidatraballandoeaturandosenquenadiemecomprendaciendavai- mequitalocarné…!
- Quieto Lou… ¡Non te alporices!

Dixéronllo cen veces, que ese ritmo era o doutro animal. Fixo tódalas trampas que precisou, disposto sempre a engrosar un pouco máis. Olvidouse e distanciouse de amigos e extranos, e a xente convirtiuse nalgo borroso e uniforme. Perdeu a bidireccionalidade. Todo concorría nel e o enchía de nada. Toda esa ansia de pracer e fortuna era nun espello o reflexo do que buscaba. A realidade quedaba ás súas costas, en sentido oposto. Cada vez máis lonxe.
Encheuse de vicios e viciouse e encheuse.
Perxudicou sen escrúpulos e apenas escoitaba xa. Só oía.
Era unha quenlla branca, que se drogaba de darse a razón argumentando que lla daban para seguir cara adiante e non morrer de asfixia.
E os que o coñecimos asistimos ó seu enterro en vida. Sepultado nas súas proprias carnes. E entristecémonos do curta que foi a agonía na que se convertera a súa vida. Apenas media idade dos nosos maiores.

- Hay una vida después de la muerte…
- Nono sei… ¿si?… ¡E outra antes!

- Merquei un nicho pra cando morra…
- Pois xa te-lo futuro asegurado.

Pasará moito tempo antes de que volte a se converter no pó da estela dunha estrela que foi.

Pasará un eón, e ó fin, físicamente, será un trillón de cousas distintas.
Só pasan cincoenta mil anos e parte de seu, que alimentou a un bicho, que comeu un paxaro, que morreu nunha leira, que cultivou unha muller, que fabricou un satélite, que estivo en órbita, que se perdeu no espacio, que caeu nuha estrela, que se fundiu con ela, e evaporou…, que quedou atrás no vacío, acabou flotando na estela dunha estrela.

¡Qué rápido pasa o tempo!

- Sí señor. O máis rico do cemiterio.
- Cala e come, ¡Verme!


Read more...

17 jun 2006

FDQA 3 (IV)

O chino mandarín


- E ¿qué é de tal?
- Está cual nun sitio.
- Moito me jode.

Está currando.
É o “homo oeconomicus” de Chomsky.
Conseguírono (quero dicir).
Unha nova raza ó servizo da economía que a todos nos mellora a vida que dura o tempo que perdemos ó seu servizo.
E ¡ata a morte! se convirte nun servizo.
Sempre aparecen neorromanos, adoctrinados devotos da única igrexa que lle oferta un deus palpabel, e non papabel.

O outro día veu un chino e sacou fotos:

- La Coluña plecisa de dos mil emple$a$ (mandarinas).
- A Coruña o que precisa é dunha L desmotabel (mandanabo).

Cómo Manda o chino. Manda carallo.
Esqueceu o oriental matizar que Falaba de barcos:

- La Coluña plecisa que los coluñeses no cielen sus negocios.
- Aí Falaches, meu.

Alberto tamén está currando nun sitio.
Pero el é máis o “homo contemplatibus” de Chinarsky.
Nono conseguiron (quero pensar).

Read more...

16 jun 2006

FDQA 3 (V)

O Faro de Vite


No barrio de Vite, outrora lugar en distintas circunstancias, hai esquecido nun rincón un faro.
Emite un son sónico, e rítmico. E suave.
Pódenno oir dende San Francisco de Assis, ata o Pedroso e Meixonfrío.
Xira e xira e soa e soamente para para durmir.
Encapríchase dunha melodía e afonda nela, e de fondo a ten semanas enteiras, rabuñando vinilo cunha xoia.
Viaxa e transporta a outros templos e lugares.
Se o sintonizas, ves o seu radio de acción, coma un sol de son.
Vai lixeiro, perfecto redondo, e duro de oído. Trata con mestres esquecidos e músicos doutro planeta.
Venera a Bowie, adora a Hendrix, escoita ós Beatles, sométese a C de C, berra coa Radio, chulea ós Rolling e Aerosmith, xoga ó guá coa Iguana, drógase dos Who, ascende cos Zeppelin, baila cos Blues, astilla ós Clash, chora por Prince, maquíllase coma Raíña, e soña coa Velvet cada domingo.
Aceptando que un día morrerá cos Ramones.
Xira o mundo, xira a máquina, e xiras ti.
A máquina rota.
Rota.
Arreglada.
Erreglada.

Algún segue o faro dende a outra punta da aldea. Ate chegaren, e sentaren e escoitaren ó seu caron. Deixando livre á mente para á viaxe.

- A menos de 5 escóitase pior.
- Si. E menos lonxe.

Read more...

15 jun 2006

FDQA 3 (VI)

O polo sen cabeza


D. Xosé ******* ******* , natural de ******* , a día ** / ** / **, con xustificante vital nº: *******, declara:

Que no día dos feitos, non se encontraba a sí mesmo, e corría como polo sen cabeza.
Que se confesa culpabel da morte do último filósofo galego e alemán.
“Era Diógenes. Vivía nun tonel. Tiña unha capa e un bastón. Como o alemán”.
Tiña a ialma pendurada das rochas. Á vista de calquera e de ninguén. Era único coma o resto. Era filósofo por atoparse cada xornada de novo, despabilando e vivindo o seu tempo. Non dependía nen se rendía.
E eu, párvulo, pequeno e torpe, merquei un posto. De importancia. Useino como mercaduría, e convirtiume en mercader de vida.
Ogallá morrera eu, para non vivi-la morte súa.
¿E agora qué?
¿Quén son agora? Sen posto nen razón. Odiado pola metade, enganado pola outra. Despreciado polas dúas.
¿Quén son mañá? Cando acorde do sono irreal para sofri-lo pesadelo real.
¡Non aturo máis o pensamento! Teño fillos que me saben, e que comprenden o que son.
¡Non aturo máis o aturdimento!
Salvádeme. Xulgádeme e condenádeme. Son culpabel de face-lo que me dixeron. Rematou a mentira. Coma se fora a política un partido de fútbol. Agora non son. Respiro pero non son. Agora perdo.
Perdín dende o principio. Perdín a inocenza. Despois a amizade. Logo o sentido. E agora a liverdade.
Prendédeme. Metédeme nunha cela e dádeme a chave a min. Deixádeme morrer alí. Non me obriguedes a vivir aquí.
Son culpabel de roubar ós meus veciños. De expropiar e de expoliar. Fixen escravos e condenei inocentes. Desviei reais á costa. Á costa da saúde dos demáis. Mentín e revirei palavras. Useinas mal. E a posta.
E agora assassinei ó derradeiro filósofo. Morreu á firma do meu contrato, a costa da morte súa.
Pensaba eu que pasaría e esquecería. Antes que todo o podía, e agora non podo ren.
Agora son incapaz de mirarlle á cara ós meus. Morro cada día. E ninguén dí nada. Tiña razón Don Manuel:

- ¿E qué hai de lo mío?
- Non te preocupes, terás o teu.

En día **/**/**, na sala ** de xulgado ******* nº ** , presidindo a súa señoría ******* ******* *******, resolve, xulga e dicta sentenza:

Condeno a D. Xosé ******* ******* ******* a seren exculpado das súas culpas.

Queda livre para alimenta-la súa prole. Para excusarse con ela.
Queda livre para visita-las tumbas dos que morreron maldecindo o seu sangue.
Queda livre para ve-lo futuro que constrúen os demáis.

Pra que mire ó mar e o mar nono mire.

Non tes tí a culpa… Condenado assassino.


Read more...

14 jun 2006

FDQA 3 (VII)

Temporar



Temporar:
(Infinitivo. Primeira conxugación). 1. Dícese da consciencia repentina, coñecemento ou sincrinización inconsciente cos acontecementos no tempo. 2. Exactitude inconsciente temporal. (“Esquecín poñe-lo despertador, mais temporei ás 10:00 AM”). 3. Consciencia subxacente instantánea e repentina exacta na hora dunha cita ou compromiso.

- ¡Ostia!, estábate chamando agora mesmo.
- ¡Temporamos!


Presente Indicativo:


- Eu temporo
- Ti temporas
- Ela/El tempora
- Nós temporamos
- Vós temporades
- Elas/Eles temporan

Read more...

13 jun 2006

FDQA 2

Francisco Alvarellos Maceira
Falador

CÓDICE FALADOR:


- A imprecisión da Fala non é mentira.
- A cultura oral na Fala está vixente, nen rexeitada, nen esquecida.
- NÓS Falamos entre NÓS e ás veces con VÓS.
- As Falas sonche un medio para acadar un fin dende o principio.

FALAS:


- O mellor licor.
- Do Anxo que apostatou.
- Do terrorismo legal e da anarkía. (¡Uf!)
- A Nova Nova da rúa Nova.
- Das Queimas rituais.
- Merda de bar.
- Morreu un Home.



Read more...

FDQA 2 (I)

O MELLOR LICOR

Compras o mellor licor e non tes a quen invitar.
Un coche e non tes onde ir, nen a quen levar.
Un gps e non sabes onde estas, nen onde vas.
Un cento de libros que non les.
Unha cámara que non recolle nengunha festa.
Un teléfono que non soa nunca.
Un millón de canais que non verás.
Unha ducia de discos que non escoitas.
Un millar de películas que non disfrutas.
Unha finca enorme. Terra sen froito.
Unha mascota que abandonarás.
Úsa-lo traxe un día. Non che gusta o teu traxe.
Recórdame á necesidade inmediata e transitoria dos nenos.
Sepultas de comodidades a túa vida e xa non vives.
Moitas cousas non valen o que costan. Outras non costan o que valen.
¿E ti para que vales? ¿Canto costas? ¿Que sabes facer ti? ¿Que fas?

- E cóntame… Ti es un individuo que ¿que?…
- Eu teño…
- Nada. Non oes.

Coñezo un normando que é bretón, e “à la tête de cons ” e fai o truco da “septe boule”. Levanta sete bolas no aire en continuo movemento. Non precisa medalla. E sabe facelo. É cApAz.
François sabe moitas cousas amais desa, e unha delas é que ignora máis das que coñece.

- ¡Enfànts!… ¡Mademoiselles! … ¡ Regard le encroyable truque de la “septe boule”!
- En Vigo lle din “bolingas”.

En troques hai quen fai os malabares coas facturas.
Conxuntura diametralmente oposta á primeira. Si.


Read more...

12 jun 2006

FDQA 2 (II)

DO ANXO QUE APOSTATOU

Apostasía: Abandono da relixión que se profesa.

Un día deses, estando na gloria, botei unha partida cun anxo colega e mestre meu.

-e4 . Ataco.
-c5 . Apostato.

Disque estaba convencido. Xa o cabilara. Xa tomara unha decisión. Non lle cambiaría a palabra. Pedíallo o corpo.
A non ser, comentaba, que cambiara de opinión.
Porque cando era neno (anxeliño…) según él, ninguén lle preguntara. Agora que era adulto e comprendía quén era, replantexouse o tema da relixión.

Pasoulle a un fulano que construíu unha catapulta nun pobo de Alaska para lanzar unha vaca. (Cada ún é capaz do que se propoña. Con todo, pobre animal…)
Enterouse de que iso xa o fixeran os Monty Pyton, e acabou lanzando un piano incendiado.

-Porque ó fin e o cabo… ¿qué nos deu a igrexa?
-¿Aparte de educación, ostias, misiones, caridade, amor, festivos, pan e viño, e bo rollito?

É difícil negar que hai cousas BOAS. E MALAS. Son homes (non mulleres). Ó estar integradas as igrexas por homes, están a mercede dos erros, intencións, e intereses, e entón aparece un cura decretando o satanismo inherente ó condón.

-¡Mi madriña!…Este non sabe o que é un condón.
-¡Con la Iglesia hemos topado!

A igrexa adaptarase ós novos tempos. Xa o está facendo. Sempre o fixo.
Pero salvando o mito, non semella conveniente unha cidadanía que dependa ou fale a través de institución relixiosa nengunha. Parece máis lóxico un sistema laico.

Dicía o meu divino interlocutor, que sempre lle falaban a él tamén de laico:

-Eu non quero vivir nun estado laico. Eu quero convivir nun estado laicista.
-Vese que o miraches no diccionario. Sei…sei.

Con todo, o seu inmediato obxectivo era “borrarse da lista para que non puideran falar dun membro máis da congregación que está dacordo con eles dicindo barbaridades como din e molestando tanto ó PaPa, que era o único que lle caía ben”.
Dicía tamén que cando o bautizaron non lle preguntaron se estaba de acordo neso de non ter sexo (cousa que lle molestaba en exceso).

-Cando lle entro a unha fermosa Anxélica, bótase a rir.
-Sonche todas iguais…

Que non recordaba él cometer pecado nengún na orixe.

-É que foi antes de que naceras. Non chegaras ti aínda.
-¡Boh!…Entón, normal que non me lembre…

Disque non quería que falaran no seu nome.
O peor de todo, é que vía a humanidade de tantos e tantos cristiáns ó seu redor que lle doía ver malogrados tantos esforzos.

-Qué pena que non lle fora tan ben á Seguridade Social –dicía- en vez do benestar mediríase a CALIDADE de VIDA.
-Eses non teñen vista para os negocios… ¿Non ves que son funcionarios?

Eu coñezo varios deuses. A xente sempre creou deuses. Sempre. Son cada un máis humanista, ou máis racionalista…., teñen esas características humanAs, porque os crearon humanOs.

-Se Eu fora can, molábame de deus un Montaña dos Pirineos como o de Isa.
-Sí. E de satán un Gremlin Malo.

Eu non vexo cousa máis bonita que reunirse os domingos os Paisanos que queiran, xuntarse nun centro cívico, Falar do que está mellor e peor e a ver qué facemos, e levar ós nenos para que xoguen na Alameda.
Outra cousa é andar recibindo sermóns.

Hai tempo que non estou na gloria, igual cando volte por alí este anxo meu xa apostatou.
Tereillo que preguntar, porque non vou nota-la diferencia.


Read more...

10 jun 2006

FDQA 2 (III)

DO TERRORISMO LEGAL E DA ANARQUIA(¡Uf!)

-Falas andrómenas túas…
-¡Non home!… eu Falo dos cómics.

Non puiden evitar o outro día escoitar a conversa de dous chavales sobor do primeiro número do “Punisher”. “O Castigador”. O Ultraheroe acaba planexando a morte dun fulano por tirar ó chan un periódico có que tapaba a cabeza. Caían chuzos de punta.

Eu pensei para min:

-¡Ostia!, o do terrorismo legal.

Home, esto eche un cómic, pero sería como se ás tabernas de rico xolgorio xeneralizado de estilo medieval se lle obrigara a te-la infrastructura do auditorio Grande ¿de Galiza? para que algún gaiteiro, ou músico, lle tocara unha peza para amansa-las feras. E mandar ós XEOS.
Sería como vixiar con funcionarios os movementos da xente pola rúa con cámaras.
Dá a sensación de que ninguén ten a intención de arranxar nengún problema. Porque solucionalos todos lexislando en troques de educando; priorizando os intereses económicos, turísticos, industriais ou comerciais á tranquilidade, benestar, comodidade, saúde ou liberdade da xente é bem doado, porque do lado da lei están as forzas armadas de seguridade, as sanciós administroteativas, e a grúa que os leve a todos a Boisaca.

-Ora había que poñer ó alcalde a picar pedra.
-¡Non ho!… que ese é capaz de facer do Pedroso unha gran rotonda. (Respetando o Monte Pío, como fixo un pouco-xunteiro eco-loxístico).

O único que deixa a “pré” o chalé que se fixo na zona verde non edificable mentada, é que se pode vixiar dende calquera sitio do pobo.

Eu pensaba que as leis estaban para regula-la convivencia. E en troques de adaptarse as leis á vida da xente, semella que hai que adaptar a vida de un ás leis. O mundo dado a volta.
Eu pensaba que primeiro eran as xentes dun pobo, e a maiores os benvidos que se pasen por alí.
Porque cando marchan as marabuntas, esas ordas deboradoras de Mundo, o que queda coa leira jodida é o labrego ¿Ou qué carallo pasa?…

-Varias ciudades y lugares han sido declaradas hoy “zona catastrófica”, víctimas de determinadas exolutivas naturalezas humanas.
-Non caerá esa breba…

Falaron tamen de “Daredevil”. “O Home sen medo”. Ese me mola. O Superheroe loitando el soliño contra tódalas bandas armadas máis criminais das mafias, nunha xungla de asfalto destruída polos Mangantes da $ociedad€.

Eu logo caín na conta:

- ¡Ostia!, o da anarkía.

Sobor disto non encontrei tantos paralelismos, porque iso sería se houbera superpoderes e voluntarios para poñelos ó servicio do ben.
Como “SuperOferta”. “A Super Heroína das Grandes Super Ficies”.


Read more...

FDQA 2 (IV)

A NOVA NOVA DA RÚA NOVA

Atopei un documento na rúa Nova. Na súa carpetiña. Estaba timbrado:

-Santo Vaticano. Pazo di Roma.
-Non sabía aínda a santo de qué.

Os minutos que pasei léndoo, mantiven a respiración. Era unha testemuña.

Lego as miñas posesiós á Igrexa Católica.

A toda a igrexa. Aos membros da miña congregación. Nomeo meus sucesores ós verdadeiros donos da cristiandade: os cristiáns.
Lego tódalas posesiós, cartos, edificios e misiós ós necesitados.
Chegou o momento de comparti-lo noso pan cos pobres. Esta decisión é consecuencia de comprender ó fin a mensaxe do meu deus. Sonno iluminato.
Cada sacerdote, bispo, xerarca ou magnífico mandatario da nosa organización queda relevado neste instante do seu cargo. Adicarase ós demais o que decida facelo, e fará evanxelio da nova Igrexa.
Falaredes a Nova Nova polo Mundo.
Non Falo dende o máis alá. Isto escriboo VIVO. En vida non puiden facer todo isto. Pasaríame coma ó meu predecesor J.P.1º: Que tería un papado curto.
Á miña morte estou seguro que haberá peregrinos e cartos. Moitos cartos. Ben. Fago uso dos meus dereitos legais sobre a miña imaxe.Todos eles, serán transferidos a Médicos do Mundo para proxectos de terceiro e cuarto Mundo.
Será suficiente para evita-la morte de alomenos 1.000.000 de persoas por inanición ou falta de medicamentos. Góstame pensar iso.
Adxunto, documento os detalles da operación.
Cancelaranse ipso-facto tódalas operaciós monetarias do Banco Vaticano que non estean relacionadas có salario que se lle dará a cada un dos/as membros/as da congregación que adique o seu traballo ós demais, ou ós que traballen na súa coordinación.
Admitiranse as teorías científicas de Darwin, e polo tanto a humanidade do home.
Subastaranse tódalas reliquias e crearase un museo de cada igrexa para financiar labores humanitarias, conservando o aspecto de punto de encontro para os paisanos, incluídos os que acodan a rezar.
O funcionamento na nova igrexa, será paralelo ó dunha ONG no senso de que o seu último fin é desaparecer e deixar de funcionar por non seren necesaria.
Aproveitarase a nosa infrastructura de sedes, oficinas, albergues e parroquias para axudar ó próximo e para denuncia-las inxustizas dos pobos contra os pobos.
Polo que a mín respecta non quero ser recordado Santo, senon Home.
Dou o paso da santidade no outro sentido. Paso da Divinidade á Humanidade.
Este é o meu miragre.

Asinado
J.P. 2º.

Algún gracioso.

Mirei con calma, e nunha esquina da carpeta escrito a bolígrafo rezaba:

-Materia: Relixión. Redacción sobre o papa.
-Alumno: José Pousa
-Aula: 2º

Xa me parecía a min.
Esa era a verba que me rondaba: Inxenuo. Andrómenas dun neno.
E despois din que a clase de relixión non serve para nada.


Read more...

9 jun 2006

FDQA 2 (V)

DAS QUEIMAS RITUAIS

A veces a prensa escrita déixate aquelado en calquera rincón cunha noticia.
Esta é para Falala.
Resulta que nunha pequena excavación arqueolóxica levantada sobre unha humilde peza lítica de enterramento atopada no lugar de Adoufe, a caron do pobo auténtico de Brión, atopou hai meses un dos estudiosos (un tal Anxo Rueiro) determinados restos dos que xa tivera noticia por curiosos.
Acabou publicando un informe no que demostra cómo nalgún momento do século X (A.d.X), introducíronse dende a zoa da actual cidade de Lugo cara ó sur e ó oeste, o costume das Queimas Rituais en zoas sagradas.
Estas Queimas eran parte de rituais ou xuntanzas nos pequenos asentamentos prehistóricos. Consistían na queima no lume comunal dalgunhas ramas de cánnabis sativa sativa. Suponse que ó redor deste lume ritual contaban historias (cultura oral básica por aquel entonces… que agora xa non), e recordaban ós que xa marcharan. Sempre en zoas sagradas ou de culto.
Era de seguro algún tipo de intervención do gurú ou vello da aldea.
Digo eu que sería algo así como o ghamberro da festa.
Hasta 123 mostras documentadas en distintos asentamentos galegos avalaban o estudio.
Asegura no documento que non soamente resultaba curioso ou entrañabel, senón que era probablemente un dos máis antigos costumes que se conservan na zona.
Dicía na entrevista (non sei se en serio) que seguía estudando o tema, e que tiña evidencias sobre o mesmo costume (aínda que con variantes) a día de hoxe.

- Ó xornal non lle hai que facer moito caso.
- Dilo ti… pero se o pon é por algo.



Read more...

FDQA 2 (VI)

MERDA DE BAR

Dille á túa raíña, sicario, que eu o que como é pan. Heivos mete-lo ikea polos fociños.

Foi o único que se me ocurreu escribir na resposta comercial sen franqueo do instituto ese de consumo.
Queren saber no que gastas os cartos para dirixir mellor a oferta e que poidas gastar máis e mellor. E non tes que paga-lo selo. Xa o paga o ministerio cos teus cartos.
Sortean entre os participantes da encosta varios premios de €kus (algún de consolación).

-Según las encuestas, los hábitos de consumo de los españoles…
-¡Merda de bar! -dí sempre Ramón- ¡Eu bebo, non consumo!

Efectivamente parece que o consumo é por fin un hábito. Un costume. Como a Navidade. Poida aínda que sexan o mesmo.
O que non recibín foi nunca unha carta ou encosta do Ministerio de Saúde, se o hai, preguntándome se me doe aquí ou alí, ou qué enfermidades sufrín, sufro, ou vexo vir.
Igual con esa información melloraban os servicios sanitarios. Nono sei. Pode que non haxa presuposto ou igual haxa que empezar a desmantela-los hospitais á vista de todos porque a enfermidade non é rentabel.

- Eu se enfermo, me compro un remedio.
- ¡Vas oh…!

Cando me veña a encosta de Saudade vou poñer que aínda que agora mesmo me encontro bem, neste ano sufrín ós demáis igualiño que me sofren a min, e que estou vendo vir a resaca de mañá.



Read more...

FDQA 2 (VII)

MORREU UN HOME
Morreu un Home. Deixounos tristes.
Morreu nun lance. Contra un dragón de dentes de aceiro.
Arrincaba vida das rochas. Foi extraordinario.
Foi amigo noso porque o foi ata que marchou.
E fíxonos o felices que agora sexamos.
Grazas.

Read more...

FDQA 1

Francisco Alvarellos Maceira
Falador

CÓDICE FALADOR:


- O Falador fala do que lle peta con respeto a presentes e ausentes.
- Fala a Fala.
- As Falas son opinión, non cátedra.
- O Falador procura non mentir porque entón non facemos ren.



FALAS:


- Do lúser e do güíner.
- Do radicalismo do ecoloxismo.
- A navalla de Okhan (preguntarlle a Santi se se escribe así).
- Sobor do limón ecolóxico.
- O Pastel de Dalí.
- A radioactividade dos penedos.
- Inexistença da memoria histórica. Correspondença a Pío Muela.



Read more...

FDQA 1 (I)

DO LÚSER E DO GüINER

Tamén digo eu, que hai que ter coidadiño coa linguaxe. Unha de esas cousas que me aburren de palurdas é a importación desas dúas palabras (non conceptos).

- ¿Qué carallo é eso do güíner e do lúser?

A palabra “loser” en inglés tradúcese por perdedor. “Winner” é o antónimo; gañador. Serve por exemplo para diferenciar ou nomear ó que gaña nunha competición deportiva, ou ó que perde nunha aposta.
Parece…
Pois non.

Disque o lúser é a persoa que non ten propiedades, cartos ou non é ningún dos estereotipos de película basurosa yanqui. Exemplos telos no cine, na televisión… Pero o que ves non é ó lúser. O que oes é a palabra con acento peiorativo. Porque o lúser non existe. Ende o güíner neither.
De existir algunha persoa que mereza o desprezo, a indiferencia ou a lástima dos demáis, sería aquela que pensase que a xente mídese por algún tipo de porcentaxe. A xente é o que fai, non o que compra nunha tenda horrible.
Poida que esta confusión teña que ver con que a xente non lea ou escoite nunca NADA.
Recordaría o malfalante o conto do traxe do rei no que a máis simple das explicaciós sinceiras, derruban tódalas mentiras e hipocresías. As vergonzas. Aquel rei non era ridículo por estar espido. Todos estamos espidos baixo os trapos. Aquel rei era ridículo por mor da mentira e da hipocresía. Eso deshumaniza. Convérteste en motivo de risa e señalamento co dedo. Claro.
Sería unha sorte que se vira un pouquiño a vergonza esa de nai, de sentires mal ún consigo mesmo. De claudicar na mentira por vergoña.
Entón, ó escoitaren falar dunha persoa calificándoa de güíner ou de lúser, a mín dame asco, joder. Por moitos motivos, pero un deles: a pereza mental.
Outro día comentaba o director dunha película de éxito recente que o que pretendía na peli era reflexar o momento de gloria do lúser no medio da súa vida, que a ollos de él, supoño será insulsa e insuficientemente espectacular para o argumento dunha película. Supoño que ós seus ollos, o que lle pasa á xente fora da gloria ou do programa rosa de tarde, non é ¿qué?.
E que resulta que a vida non é cine. O cine reflexa a VIDA. Faino parcialmente, porque é limitado. Se a tecnoloxía desenvolvese un mecanismo para crear un periférico capaz de por exemplo facer sentir a dor ou as balas ó espectador, sería outra cousa.
Pero de momento só contamos con imaxe e son.
Non se pode reflectir claramente o sentimento do neno cando o enganan os maiores porque é así e punto. Él cala, pero sabe que aquelo é malo, é danino. Despois acostúmase, e ve as cousas como se existiran de sempre. Pasoulle o mesmo que cando viu ó can Epi por quincuaxésima vez. Deixou de perde-los estribos:

-Mira, ¡un baubau! (isto ensinoumo Sofía).

E deixou de ver o incríble e marabillosa que era aquela criatura.
Eu espero que isto non lle ocorra ós meus sobriños (Dani, Andrea, Rodrigo, Eva, Laura, Aurora…). Espero que conserven a visión da marabillosa criatura. Sempre.
Para o malo ocorre o mesmo. Ves as maldades da xente tantas veces, ves o maltrato á natureza, ós homes e mulleres tantas jodidas veces que xa parece normal.

-Mira, ¡qué medo! (me dás).

É unha obra de misericordia do noso Señor ensinar ó que non sabe. Esta é unha cita de Amancio afianzada xa na memoria colectiva.
E leva razón.
Somos entón reponsábeis da educación dos nosos nenos. Vaia perogrullada ¿non?. Pois claro que o somos. E dos non tan nenos. Porque con 40 anos non tes escusa. Os nenos van ás apalpadas, guiados moitas veces polos maiores. Os adultos non. Ti sabes o que fas. Sábelo. Entón algún vai levar unha colleja.

As vidas das persoas son únicas, e valiosas.

Entón comeza o problema coas palabriñas dos collós.
Porque agora aparece o güíner. Ese pedazo de animal, con propiedades, cartos, e tódalas comodidades ó seu alcance para facer unha vida realmente espectacular. Por exemplo:

-Pasear por una playa de La Indonesia, en un lugar paradisíaco a lomos de un magnífico ejemplar de elefante asiático, guiado por un orihundo con una vara.

Ten o güíner a dobre carga de traballo que representa non só selo, senón aparentalo en todo momento.

Resume moi ben todo isto o ensaio de Pistner sobre a área: pediríase por favor, se pode ser, que non se empregasen termos derivados dunha competición ecuestre para referirse ás persoas. Desa forma, evítaríanse malentendidos. Para mellorar na fala, para facerse entender, e para non ir por aí coma bestas, hai que intentar chamarlle ás cousas polo seu nome, non a tódalas cousas de calquera maneira.

E entón o teu entorno mellora.



Read more...

FDQA 1 (II)

DO RADICALISMO DO ECOLOXISMO

Decía Emilio que a loita ecoloxista era radical porque dela dependía a supervivencia do individuo e da propia especie.
Eu quedei alucinado.

-Leva razón, carallo…

A mín chámame a atención cando din entre bambalinas que o home vai acabar có PLANETA. Con TODO. Ñiió. Porque digo eu…

-Joder, non sei eu se daremos con Él… Dunha vez por todas.

Recórdame ó Epi. (Un can listo coma unha centella). Cando se ve así, recén lavadiño, despois de aturar esas liendres e pulgas que o atormentaban. Parásitos chupando do bote e poñéndoo en perigo. Entón agáchase como para coller forza (eu opino que tamén o fai para baixa-lo seu centro de gravidade sabendo o que vai acontecer) e axítase de tal forma que o condenado parece que tolea. E así retoma as cousas onde estaban, moi mellorado e listo para seguir. Para volver a comezar .

Agora imaxino eu cando o planeta tolee.

-Vai vir un pedazo de xeo como Groenlandia e vai afundir ata Boiro, porque sobe todo 2 metros.
-Tí ríete.

Outro comentario que me recordou que era certo referíase á presa.
O inmediato que resulta replantexarse a supervivencia da especie. Non parece que haxa moito tempo para explicaciós ou para desmadexa-la trola sobre trola sobre trola que é para o teu ben que así non pagas luz e total iso é un monte aí non hai nada.

Cagon diola

-Pero a ver sen-sangue, ven paquí oh!..a ver oh!… escoitame aquí oh!…Pero tí…¡homiño de Dios!. Os árboles no te dejan ver el bosque…
-Pero es que dan corticoles.
-¡Que mires para as árbores mamón! ¡Alimanha!.

E isto é algo real. Eu me miro e me temo. Non son harmónico. Fáltame coidar o medio. Coidarme.

Nós non imos acabar có Planeta. É unha batalla perdida.

-Apóstoche a que en 20 anos …o Planeta…
-Non che aposto nada, porque nono cobro.

El vai acabar connosco. Porque as Leis da Natureza non as fixemos Nós e iso fainas infalibles como se de un deus se tratase.
E esas Leis condenan ós seres que tentan acabar coa Natureza á extinción. O Planeta vive sen Nós. O Planeta funciona como algo que Nós (humanos) chamaríamos VITAL. Igual ca Nós, sobrevive. Pare vida. Seres.
Hai quen pensa que será unha pena ver árbores só nas plantaciós industriais:

-No meu tempo había árbores.
-Tí sí oh!…

Nós somos dunha complexidade acojonante. Pero igual nos quedamos nun bó experimento.
A Terra ten tempo. Unha vez que termine a Era humana, Ela pode seguir. Verá moitas movidas INCRÍBLES. Que as vexamos Nós, depende dunha única cousa: que queiramos.






Read more...

FDQA 1 (III)

A NAVALLA DE OKHAM (PREGUNTARLLE A SANTI SE SE ESCRIBE ASÍ)

Okham vén a dicir que a explicación máis sinxela dun acontecemento adoita a explicalo como é.

Este non é como Murphy nen nada ¿eh?. Este ten gracia pero non tanta.

A ver:

-Igual o Sol te deslumbrou polo retrovisor xusto cando viches o cú do coche, e entonces vino un señor… un tal Alonso…
-¡Non!. Non puseche-lo intermitente, mona.

O doado é que non o puxeras. O difícil é o rollo ese (que podía ser).

E digo eu tamén que xa recoñecidas certas imáxenes, comunicaciós e tal…O fácil é que sexan extraterrestres ¿non?. Alomenos algo que non coñecemos. Porque o rollo do prototipo que gira como ninguno non cola.

-A luz do faro Cabo Ortegal difuminouse nunha nube en forma de cerro que proxectaba unha intensa luz titilante que se movía a velocidades impensables para calquera aparato deseñado polo home como se ve claramente nas imaxes.

A putada dos que cremos nos extraterrestres é que temos que demostrar que nengún aparello fai algo así, despois explicar por qué non é posible que sexa un supercomplexo efecto lumínico, e encima temos que ensina-la foto do Plutoniano, e a poder ser un corpo para facer un experimento.

Despois ves a navalla na tele3:

-¡Ardeu o Windsor!
E te emparanoias.

-Es extraño… Menos mal que no había nadie.
-Sí. Pero casualmente xa teñen os planos do “Windsor II: O Desquite”. Xa que ardeu…

Cantas cousas pasan. Decía Groucho que qué casualidade que casualmente pasen tantas casualidades.

-Afundiu o metro, familias enteiras cun palmo, e agora enchémolo todo de hormigón.
Qué medo. Dá medo.

-Na Coruña ninguén fala por medo ás repres-alias €.
-Ó Santo Pontificio aplícaselle un orificio.

Vós estades de coña. Deixade ó pobre home tranquilo joder. Que está enfermo. Tremade vós un rato joder …ou algo….
Heille preguntar a Marqueze se pode un denuncia-la curia romana por molestar tanto a un convalecente encima tan bó home.

-Non vai ser un máis papista que o papa.

Dende logo o que non me pode negar Okanh é que hai cada extraterrestre por aí que flipas.




Read more...

FDQA 1 (IV)

SOBOR DO LIMÓN ECOLÓXICO

Falábamos outro día con Kiko P.
Din que é por Palabras. Algún xa lle dí Problemas. Eu sempre pensei en Perigo.
Eu Personalmente, igual que moitos manexo nun MES 50.000 veces máis información que calquera persoa da miña idade hai 40 anos nun ANO, según fontes e picheles. Información de todo tipo. Pelis, música, documentos, TV, datos algorítmicos ou vectoriais ou ¡eu qué sei!…mp3. A publicidade.

Este home coida o seu limoeiro con método.

-E dame tempo de limpiá-las formigas unha detrás doutra cun cepillo, despois acabo o céspede folliña a folliña cun trapo e lle boto de comer ós coleópteros. E se non chove sácolle o polvo todo ó arbol. E ós limós, claro.
-¿E todo eso pola mañán?. JOder!.

Ten que haber un término medio.

Non parece sano acometer semellante cruzada de mantenemento dun xardín. Con intención e a ventilación axeitada sempre podes levalo ben.

O que non queda comprobado por non saberse esto mentres non se vexa, é se estou Eu preparado para recibir tal volume de información. Refírome á miña saúde.
¿Qué pode pasar?.
Eu vexo que non é bó. No.Nono é.

Ante as poucas posibilidades a curto prazo (non digo a medio) de que se tomen cartas no asunto por parte das mesmas autoridades que prohíben que ún se toque a súa propria Gaita, DEIXO DE CONSUMIR INFORMACIÓN.
Home, de momento non marcho a unha escura gruta, pero marcho sen mobil a tomarlle unha ó Miúdez (un Lugar), non me baixo TODO na MULA. Non intento ver TÓDALAS pelis, non me acabo tódalas PANTALLAS.

-¡E que se lle fago caso á tele arríncoche a cabeza e escupo!.
-Tranquilo Jose,… ¡escoria mercromina!. Non mates.

A Kiko aconselleille que empregara unha plancha de poliet…- de neve desa- empapada en pintura dourada, que xirando sobre o seu eixo vertical cazara á bandada de paxaros en pleno vó nun choque frontal para pintarlle a todos o pico cravado e evitar ter que pintar os merliños un a un.
A min aconselleime coida-la cachola.

-Haiche moitísimas movidas. Millós.
-Efectivamente. Tranquilo. Non morras.





Read more...

FDQA 1 (V)

O PASTEL DE DALÍ

Claro, porque Dalí era un fulano que che pintaba un lienzo estraño e maravilloso.

Podería facerche un retrato, e aparecer tí nel. Perfecto. Exacto. Unha foto.

-Mira qué líñas e qué forza.

Despois faiche un segundo retrato e cando cho amosa… Unha visión alucinante.

-Este tamén és ti.
-Incríbleble.

A min coa música agora dame a impresión de que comezan moitos polo segundo retrato.

-Que non dé 3 notas limpas nunca me impediu toca-la guitarra.
-E non debería. Case te obriga.

Pero non me empezes pola peza sonoro-cubista, porque non vou recoñecer ren. QOSTIA. CagonoIndi.
Pouco Rock ¿non?

Sorte que hai algún ghamberro por aí facendo o que lle sae de dentro.

-Déronlle o disco de criptonita e foi o rei.
-Deusketecrew…Pois espera, que vou poñer a baixa-la mula do mobil.

Coa música e con moitas cousas.


Read more...

FDQA 1 (VI)

A RADIOACTIVIDADE DOS PENEDOS

Investigando no máis profundo da rede, e atendendo a vellas lendas e falas, reflicto a teoría que explico:
Nós, os montañeiros do noroeste da península, vivimos nun marco incomparábel retorto coma un buxo. Os aproximadamente miles de millós de toneladas métricas decimales de granito e pedra en xeral que nos rodea, xera un campo electromagnético ou o que sexa tan Intenso no senso de Especial, que se crea no individuo unha adicción física ó entorno.

Danse casos de persoas que tocan a pedra. Ou pasean polo monte sen outro obxectivo que pasear polo monte. Xente que vai á neve en troques de ir a esquiar, e mesmo urbanitas que buscan unha leira para plantar patacas.
Vómitos ou mareos nas viaxes máis inenarrables denotan acchegamento ou alonxamento das rochas dependendo do sentido da marcha. Con todo, non sempre se producen estos síntomas.
Outras veces o individuo mostra ensoñación e aturdimento. Permanece como ausente e maniféstase morriñoso.

Os máis dos especialistas e espertos expertos móstranse a favor dunha terapia a base de bloques graníticos e aconsellan ás autoridades impedi-la necesidade da xente de marcharen da súa terra por motivos alleos á sua vontade para evita-lo MAL.

Tal acontecemento de comprensión do problema, estase agora aplicando en distintos lugares do mundo, e de seguido, aparecen novos informes sobre xentes que añoran o calor da súa terra, a area do deserto, a humidade da selva, o bater do mar, e mesmo a familiares e amigos.

Read more...

FDQA 1 (VII)

INEXISTENÇA DA MEMORIA HISTÓRICA. CORRESPONDENÇA A PÍO MUELA.

Semella que a liberdade de expresión é dicir tódalas tonterías que lle dea a un a gaña. Pois non podo deixar pasa-la oportunidade…

Eu non diría que non haxa “aproveitamento” partidista de acontecementos históricos por parte da esquerda. Tampouco o diría da dereita. Nin antes do 34, nin despois do 48. Pode que nunca.
Pero o que non é de recibo, é ese discurso pseudo-científico de matización, difusión de errores, confusión ó fin, do que sempre fixeron uso e abuso os que pensan que o bo goberno é o que todo o sabe.
O que sabe sobre algo é o que coñece, o que domina unha materia. O bon goberno é o que se serve do que sabe para facerlle a vida máis fácil ós demáis (que para iso se lle paga un salario). Eles son os que dan as claves. O goberno executa esas líñas de actuación para BEN. O demáis é IGNORANCIA.
Se as reaccións dunha sociedade son violentas, é porque existe malestar. Intentar xustificar ou xulgar unha ou outra matanza é de tolos. Cre o tolo que ún esperta pola mañán e di:

-Hmmm… non sei se ir a currar ou poñer unha bomba lapa. A ver …Euro ou Leonardo Da Vinci…

Non son cartos, nen economía, nen coche, nen hipoteca ao tal por cento.
É fame, é confusión, é desesperanza e futuro incerto. É TRABALLO. É salario digno (dereito Constitucional). É VIVENDA (¿sabe alguén explicarme o que é o dereito?). O dereito non se concede, posúese. O goberno non concede dereito. O garantiza.
Moitos cren que o PIB ou a renta per cápita é indicador de algo. ¿Benestar?.
¡Unha merda!.

Ou sexa, que en Asturias non pasou ren ¿non?
Ou sexa, que en Euskadi non pasa ren ¿non?
Ou sexa, que hai un ano non estabamos en guerra ¿non?
Claro que habería que matizar, e bla…bla…bla.

Asesinos con petos cheos de billetes. Mala educación. Parece como si as nais desapareceran. Estaría ben recupera-la VERGOÑA.
Nada é utópico. Para todos TODO. Os cartos non existen. Tódolos cartos son falsos. Os cartos son o traballo da xente. É unha forma de medir, de pondera-lo traballo, non un ben per se. Logo están os tramposos, claro.
E sí, hai xente disposta a matar polos seus dereitos e os dos seus pais.

Os meus dereitos non mos concede nengún Romanones nen nengún
Alcalá-Zamora. Os meus dereitos son meus. Nazo con eles.

Terrorismo, Inmigración…, problemas. Sí, son problemas, e en vez de poñer tódolos recursos da xente (o seu traballo) ao servicio da súa erradicación, pode que o que haxa que facer sexa ERRADICALOS.
Responder a por qué existen eses problemas.

-Non hai que evitar que veñan inmigrantes, hai que evitar que esas persoas teñan a necesidade de emigrar (dixo un galego).

Pero claro, entón non poderíamos ir no noso brand-new-car do anuncio quemando gas-oil, porque primeiro habería que ofertar mediciñas aos Nigerianos, e nós teríamos que conformarnos cun utilitario eléctrico cojonudo e limpo que non pasa dos 140 Km/h.

-Esperade a que 1000 millós de chinos comecen a usar papel hixiénico…
-¡Cagámola!.

Merda para os neo-con e a súa molesta letanía. Se os nazis mataron a tanta xente e todos o condenamos, (claro que semella que non se pode molestar as moas da xente coa palabra nazi porque sería mentira ROXA ¿ou é que tampouco foi para tanto?). ¿Quén condena ás economías occidentais?). Neoliberais que tamén matan e de qué forma.

-¡Son peores que os nazis, porque enriba van coa Lei na mao!.
- Non grites que se che entende todo.

Se queres petróleo, ven a recollelo á costa. E logo lárgate (logo lárgate). Eu o que preciso é comer, traballar, cria-los meus fillos e coidar ós meus pais… Porque todos temos pais e avós ¿verdade?.
¿Cándo foi a última vez que lle preguntei á miña mai cómo estaba?. Como se fora un colega que atoparas pola rúa. Algo como para enterarse de verdade se está mellor ou peor. ¿Cántos anos leva esta muller traballando?.
Sabe Dios.
Non. Sábeo ela. Heille preguntar.
Pasa o tempo.Tamén preciso durmir (¿qué tal durmes tí?).

¿Ou é que segues durmido?.

Read more...

7 jun 2006

6 anos 6 meses & 6 días de ROCK













Read more...

6 jun 2006

LOCAIS E SALAS

  • TNT - el poney pisador santiago de chile, 24. ENSANCHE Compostela
  • Heavy-Rock · Concertos · Dardos
  • pub tatooine república arxentina, 49. ENSANCHE Compostela
  • Pop-Rock · Futbolín · Dardos
  • ambigú p. san miguel dos agros, 6. ZONA VELLA Compostela
  • Rock · Dardos
  • malas pécoras algalia de abaixo 7. ZONA VELLA Compostela
  • Rock . Xadrez
  • bar miúdo os truques, 4. ZONA VELLA. Compostela
  • Rock · Xadrez
  • os truques os truques, 2. ZONA VELLA. Compostela
  • Rock · Dardos
  • tuto de mora entrecercas, 52. ZONA VELLA Compostela
  • Rock · Dardos
  • bar tolo fonte de san miguel, 8. ZONA VELLA Compostela
  • Punk · Futbolín
  • nido del cuco virxe da cerca, 30. ZONA VELLA Compostela
  • Rock · Futbolín · Dardos
  • a reixa bar tras de salomé, 1. ZONA VELLA Compostela
  • Rock
  • a reixa tenda mazarelos, 9. ZONA VELLA Compostela
  • Rock · Tenda
  • pub norfolk pelamios, 18. ZONA VELLA Compostela
  • Rock · Concertos · Futbolín · Dardos
  • moon music club república arxentina, 35. ENSANCHE. Compostela
  • Rock · Concertos
  • café bar volga santiago de chile, 18. ENSANCHE Compostela
  • Futbolín · Dardos
  • sala krooner rpca arxentina, 47. ENSANCHE Compostela
  • Concertos · Futbolín
  • sala nasa san lourenzo, 51. CAMPUS SUR Compostela
  • Concertos
  • sala capitol concepción arenal, 5. ZONA VELLA Compostela
  • Concertos
  • sala A orillamar, 113. Vigo
  • Concertos
  • mondo club xoaquín loriga, 3. Vigo
  • Concertos
  • sala mardigras travesa da torre, 8. A Coruña
  • Concertos
  • coliseum av. alcalde alfonso molina. A Coruña
  • Concertos
  • disco isis pharia av. pontevedra, 75. O Carballiño
  • Concertos

  • pirañaROCK pechou como tal o 30 de xuño de 2009. (RIP)
  • estivo desde o 31 /12/1999 en frei rosendo salvado, 13. ENSANCHE Compostela
  • Tiña: Rock · Futbolín · Dardos
  • Agora é pub piraña. Conserva o futbolín.

Read more...

AXENDA E RECOMENDACIONS

Read more...

REPORTAXES E CRITICAS

Read more...

DEPORTES DE BAR

Read more...

EXPRESIONS ARTISTICAS

Licenza Creative Commons

Creative Commons License
Esta obras están baixo unha licenza
Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons
O autor dos deseños e mailas fotos (que non sempre do fotografiado) é quen os subiu mentres non se indique o contrario

Read more...

FALAS DO QUE ACONTECE

As Falas do que acontece son exercicios de redacción de contido invariabel protexido por licenza Creative Commons e de lectura obrigada.

Creative Commons License

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Sen obras derivadas. 2.5 España de Creative Commons.



Son o esforzo de un grupo de persoas para o espallamento da mente, e normalmente reciben o trato que merece o resultado. Non deixedes de comentalas se queredes.



Idea orixinal: Francisco Alvarellos Maceira

Ilustración: Adolfo Palacios Fernández

Corrección: Teresa González Da Silva

Dixitalización: Victor Agra Chacón

Read more...

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA