FDQA 1 (II)
Decía Emilio que a loita ecoloxista era radical porque dela dependía a supervivencia do individuo e da propia especie.
Eu quedei alucinado.
-Leva razón, carallo…
A mín chámame a atención cando din entre bambalinas que o home vai acabar có PLANETA. Con TODO. Ñiió. Porque digo eu…
-Joder, non sei eu se daremos con Él… Dunha vez por todas.
Recórdame ó Epi. (Un can listo coma unha centella). Cando se ve así, recén lavadiño, despois de aturar esas liendres e pulgas que o atormentaban. Parásitos chupando do bote e poñéndoo en perigo. Entón agáchase como para coller forza (eu opino que tamén o fai para baixa-lo seu centro de gravidade sabendo o que vai acontecer) e axítase de tal forma que o condenado parece que tolea. E así retoma as cousas onde estaban, moi mellorado e listo para seguir. Para volver a comezar .
Agora imaxino eu cando o planeta tolee.
-Vai vir un pedazo de xeo como Groenlandia e vai afundir ata Boiro, porque sobe todo 2 metros.
-Tí ríete.
Outro comentario que me recordou que era certo referíase á presa.
O inmediato que resulta replantexarse a supervivencia da especie. Non parece que haxa moito tempo para explicaciós ou para desmadexa-la trola sobre trola sobre trola que é para o teu ben que así non pagas luz e total iso é un monte aí non hai nada.
Cagon diola
-Pero a ver sen-sangue, ven paquí oh!..a ver oh!… escoitame aquí oh!…Pero tí…¡homiño de Dios!. Os árboles no te dejan ver el bosque…
-Pero es que dan corticoles.
-¡Que mires para as árbores mamón! ¡Alimanha!.
E isto é algo real. Eu me miro e me temo. Non son harmónico. Fáltame coidar o medio. Coidarme.
Nós non imos acabar có Planeta. É unha batalla perdida.
-Apóstoche a que en 20 anos …o Planeta…
-Non che aposto nada, porque nono cobro.
El vai acabar connosco. Porque as Leis da Natureza non as fixemos Nós e iso fainas infalibles como se de un deus se tratase.
E esas Leis condenan ós seres que tentan acabar coa Natureza á extinción. O Planeta vive sen Nós. O Planeta funciona como algo que Nós (humanos) chamaríamos VITAL. Igual ca Nós, sobrevive. Pare vida. Seres.
Hai quen pensa que será unha pena ver árbores só nas plantaciós industriais:
-No meu tempo había árbores.
-Tí sí oh!…
Nós somos dunha complexidade acojonante. Pero igual nos quedamos nun bó experimento.
A Terra ten tempo. Unha vez que termine a Era humana, Ela pode seguir. Verá moitas movidas INCRÍBLES. Que as vexamos Nós, depende dunha única cousa: que queiramos.

0 , comentar:
Publicar un comentario