...

29 abr 2008

semifinal e final de liga Teu Lar - pirañaROCK

Fútbol Sala Sénior e Veteranos de Santiago

Tercera División Sénior

Como víñamos informando, celebráronse os partidos correspondentes á semifinal e final polo campión de 3ª división de fútbol sala sénior de Santiago.
O primeiro destes partidos enfrentou no polideportivo de Roxos o xoves pasado (24-Abril) a "Papelería Ledoira" coas nosas estrelas do "Teu Lar - pirañaROCK" e como ven sendo habitual nestes partidos comezamos a primeira parte con resultado adverso: 0-1
Fixeron falla a mestría, coraxe e corazón dos nosos chicos para darlle a volta ó resultado nos últimos 5 minutos de partido acadando un meritorio 3-1 cos goles de Lugo e Diego (mailo zapatazo desde a área contraria de Ernesto que pillou ó porteiro rival adiantado como guinda final) Noraboa, con este resultado tíñamos praza na final.
velaquí un par de fotos (chungas) do encontro:
a reorganizarse tralo gol en contra!
o máis bonito nestes casos: o balón nas redes do rival (1º gol dos 3 da remontada)
os fieis siareiros non perderon o alento
FINAL
"Mesón O Recuncho" vs "Teu Lar - pirañaROCK"
No día de onte (luns 28 de Abril) xogaron a final polo campión de terceira. Foi no polideportivo de Vite cun aforo poco habitual ata esta data: Uns 60 hinchas do "Recuncho" (Nais, nenos máis algún exaltado facían vibralo pavillón con tambores, bocinas e berros) e polo "Teu Lar -pirañaROCK" 10 incondicionais a sufrilas xélidas olladas dos rivais.
Na primeira metade, (como non) levamos un xarro de auga fría co primeiro gol do "Recuncho", a grada clamaba sen saber que a nosa especialidade son as remontadas.
Comezou a segunda parte e con ela a reación do "Teu Lar": ó poco de empezar, gol de Ernesto nun pícaro saque de esquina case directo e cos ánimos arriba chegou o segundo do pé de Lugo.
Xa víamos nosa a victoria, cando un GOLAZO (compre decilo) do "Recuncho" que pegou nos dous paos antes de entrar, seguido dun golpe de falta directo que tamén acabou en gol poñía as cousas difíciles para os nosos, pois restaban menos de 5 minutos para o remate.
Pero nunha xogada estraña na que o balón ficou no ar (coma nunha escena de Matrix), David reacionou e, sen deixalo chegar ó chan, empotrouno batendo á defensa rival.
Por segundo luns consecutivo vímonos no mesmo escenario e na rolda de penaltis, na que de novo ninguén dos nosos fallou e, tralo tiro de Pilo (xa sabedes: Penalti+Pilo=Gol) Un ENORME Quique finta á dereita, estírase á esquerda e QUIQUE QUIQUE QUIQUE PARADÓN!!!

Teu Lar - pirañaROCK, Campión de división
a liga remata, a tempada foi perfecta (20 victorias, 2 empates e 1 derrota), pero non deixedes de apoialo voso equipo... O vindeiro venres (9 de maio) 1º partido da copa contra o mesón "A Poda" (1ª división).
(pd.- Virus, no "Poda" xoga un "Tuto": VINGANZA!)

Read more...

A Gran Xira de Tetra & Freek pasa polo pirañaROCK

Os auténticos reis do Ponk revisitan o pirañaROCK este sábado para presentarnos os seus novos temas, non volo perdades, risas garantidas.
Se queredes saber máis destes monstruos da escena podedes visitalo seu myspace
Tamén podedes difundila súa reivindicación de plaxio por parte de Chiquilicuatre: vídeo a Buenafuente
E como anticipo, o comenzo da 1ª actuación na festa hortera da Nasa

Read more...

22 abr 2008

Ascenso Teu Lar - pirañaROCK

restan 2 minutos para o remate do partido, o equipo do Grupo Brea ten o resultado ó seu favor tralo INXUSTO gol (con falta ó porteiro incluída) que significaba o 2-1.
5 ocasións seguidas dos nosos heroes non puideron ser materializadas ata que chega a maxia de Miguel e o seu magnífico tanto, aínda podemos soñar.
Rolda de penalties: comezan eles, ninguén falla o seu tiro, chega noso "6" e o porteiro rival o para... uff, non valiu, adiantouse, repítese e GOL! Turno para eles e... QUIQUE QUIQUE QUIQUE PARADÓN!!! turno para Pilo, ainda non tirou pero xa ve a pilota dentro das redes... non podía ser doutro xeito: GOL!
Ascendemos!!! (en realidade sodes un equipo de primeira, pero para o ano xogamos na 2ª división, fóra xa do inferno dos tres grupos da 3ª)

Noraboa, Teu Lar - pirañaROCK
(non esquezades que aínda queda a copa polo campión de 3ª: Xoves 24 semis, Luns 28 final)

Read more...

14 abr 2008

Intercambio Cultural TNT - pirañaROCK

Read more...

8 abr 2008

Liga de Futbolín de Compostela

Na vindeira semana comeza a liga de Santiago
Os bares participantes son 9:
pirañaROCK, Volga, Lo Más, Mazaricos, Nido Do Cuco, A Esquina, A Bolera de Área Central, Bar JJ e A Cova.
Polo pirañaROCK xogan 3 parellas ás que desexamos o mellor.
Seguiremos a liga desde aquí e nas seguintes ligazóns:

Read more...

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA