...

6 feb 2010

30º aniversario The Empire Strikes Back




Obxectivo:

En Orlando (Estados Unidos) vai ter lugar a celebración oficial do 30 aniversario da estrea de The Empire Strikes Back. Han asistir milleiros de fans e tamén algúns actores da saga Star Wars. Nós queremos celebrar en Santiago de Compostela a versión europea dese evento.

Queremos reunir nun mismo día e nunha mesma cidade a meirande cantidade posible de fans de Star Wars, vestidos co uniforme, armadura ou traxe de personaxes da Saga. Terán preferencia os personaxes do Imperio Galáctico (os malos) porque en

definitiva no Imperio Contraataca gañan eles ;)

Imos facer un gran desfile das tropas imperiais pola zona histórica da cidade. Un desfile que rematará na Praza da Quintana, onde todo o exército formará firme mentres Darth Vader pasa revista ás tropas, seguido dun grupo de gaiteiros que interpretará a Marcha Imperial.

Queremos que a noticia apareza en todos os medios de comunicación e que Internet

se inunde de fotografías e vídeos do evento. Santiago de Compostela é unha cidade antiga, patrimonio da Humanidade, e que en 2010 tamén está de celebración (o Xacobeo ou Ano Santo Compostelán). É o escenario perfecto.


Como:

Queremos que veña a Lexión Garrison 501 pois teñen os mellores uniformes e armaduras. Gustaríanos contar coa asistencia da maior cantidade posible de seus membros, aínda que non será tarefa doada porque están dispersos por toda a

xeografía española.

Queremos que todos os outros fans de Star Wars con uniforme propio (aínda que non pertenzan á Lexión 501) veñan tamén a Compostela a participar no desfile. A cidade de Santiago está afeita ás peregrinacións. Vinde de todos os rincón

s de Europa!

Imos por en marcha axiña, en Santiago de Compostela, un obradoiro para construir as nosas propias armaduras de stormtrooper. Isto permitirá a moitos que hoxe non dispoñen dunha estar listos para desfilar o gran día. No obradoiro construiríase todo agás o casco de stormtrooper, que será necesario mercar en Internet a prezos que van dos 20€ aos 60€.

Moi probablemente imos por en marcha outro obradoiro para confeccionar disfraces de jawas, para que os cativos poidan participar tamén na gran festa.

Queremos completar a celebración con outras actividades relacionadas co mundo Star Wars, pero aínda estamos a preparalas. Esta web actualizarase cada vez que haxa novidades, así que poñédea en favoritos e non deixedes de visitala.

Importante: Se cres que podes axudarnos con isto (se tes unha boa colección de maquetas para expor, por exemplo) diríxete por favor a ayuda@imperialstormtroopers.com



0 , comentar:

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA