Non ao peche de webs
Nun Consello de Ministros que se celebra hoxe en Sevilla, o Goberno de España aprobará a Lei de Economía Sostible cunha Disposición Final Primeira que inclúe a normativa para regular Internet. Hano facer mediante un procedemento que permitirá bloquear ou pechar páxinas web de descargas de arquivos protexidos por dereitos de autor a través dunha denuncia ante a Comisión de Propiedade Intelectual. Se queredes máis información premede aquí:
Desde ROCKgaliza defendemos a creación libre e mailas licenzas creative commons, pero cando se utilizan as leis para limitar o acceso á cultura, para censurar e para pribar de liberdade ao pobo e por riba co fin de facer máis ricos aos ricos, pois como que non puidemos deixar de comentalo.
0 , comentar:
Publicar un comentario