Xira de One. Tributo a Queen.
Seguro que aos que tiveron a ocasión de ver a estes arxentinos na anterior visita a Galiza non lles teño que explicar moito (sobre todo se foron tan afortunados de estar connosco no acústico prévio no TNT)
A todos os demais, que saibades que esta é, probablemente, a mellor banda de tributo a Queen do planeta.
Ademais do parecido físico do Doctor Queen con Freddie, aínda que algo máis cachas, a súa voz non se queda atrás e chega con forza aí onde doe, executando con mestría as notas máis complicadas do nada doado repertorio dos británicos.
Alvaro Navarro Kahn, no rol de Brian May, ten xeito dabondo para encher a Capitol el soíño e a sección rítmica, con Andrés De Charras na batera e Patricio Lafleur ao baixo amósanse moi profesionais e respetuosos cos seus (e nosos) ídolos.
Son, no conxunto, a mellor homenaxe que uns amantes do legado de Queen lle poderían facer.
Datas da xira peninsular:
11-marz Vigo mondo club
12-marz Ourense teatro xesteira
13-marz Compostela sala capitol
18-marz Santander heaven
19-marz Ponferrada sala la vaca
20-marz Xixón teatro asturias
Na capitol van ser teloneados polo rock máis nobre, o dos tungsteno de Compostela
Nas demáis datas van ser os tamén composteláns kathaarsys (METAL con maiúsculas) os encargados de lles acompañar.
Entradas para Santiago á venda desde o 1 de marzo:
no TNT, tatooine, baseado nunha historia real, disco precio, discos gong, sala krooner, ambigú, a reixa tenda, la taquilla, deluxe e a tere (bocatas na zona vella, casas reais)
12€ anticipada, 15€ na taquilla
one, tributo a queen
tungsteno
kathaarsys
0 , comentar:
Publicar un comentario