III carreira popular do Corgo, Corrubedo.
Este domingo celebrouse a III edición da carreira do Corgo en Corrubedo.
A carreira, que naceu como unha protesta contra a barbarie acuícola e na defensa do litoral, está enmarcada no circuito de carreiras populares do concello de Riveira, e contou coa participación duns 200 corredores.
Alí enviamos unha pequena expedición de ЯOCKgalegos desde o ensanche de Compostela, e téñovos que dicir que foi, para todos, unha das máis duras probas nas que participáramos.
O bo foi que no remate da mesma tiveron o detalle de nos convidar a cervexa, viño, empanada, sardiñas e churrasco, o que agradecimos moitísimo tras 9 km. de subidas, baixadas, charcos, lama e máis unha zona escachapernas na area da praia.
(foto: suso)
2 , comentar:
ese clube de "corre-polo-churrasco" pirañaROCK necesita unha equipación oficial... as de algodón non che traspiran moito
Je, je, alégrame ver máis xente de Santiago que anda ás carreiras por ahí en plan amigos e para tratar de desfrutar.
Especialmente sóame a cara de Jano, creo, de aquí pola zona do Castiñeiriño, non sei de que será.
Cando vexades aos do Noitebra FC, que saibades que somos un club de Santiago, e por agora non somos moitos máis que vos no equipo (federado), juas, juas.
Veña, un saúdo e espero que vos animedes a ir a máis carrerias, e participedes no foro, que seguro que xa coñecedes, de Correr en Galicia.
Publicar un comentario