...

2 abr. 2009

Green Machine, Novedades Carminha, Royalties e Minapolaris, no ROCK EN COSTA 2009

O festival do Castiñeiriño (Compostela) chega á súa oitava edición con tres bandas galegas e unha portuguesa no cartel.

A cita fíxase para o 13 de xuño, por primeira vez no Centro Socio Cultural do Castiñeiriño



Santiago de Compostela, I-4-2009. Tres bandas galegas e unha portuguesa conforman este ano o cartel do Rock en Costa, que a Asociación Xurásica vén de pechar. Green Machine (Barcelos), Minapolaris (A Coruña), Royalties (Santiago D.C.) e Novedades Carminha (Santiago D.C) actuarán o sábado 13 de xuño na oitava edición do festival, que por primeira vez vai celebrarse no interior do Centro Socio Cultural do Castiñeiriño, en Compostela.

O Rock en Costa segue apostando polos barrios como motores culturais das cidades. Para mostralo, este ano actuarán na xa clásica cita do Castiñeiriño os composteláns NOVEDADES CARMINHA, unha banda nova e descarada que practica o punk ao estilo dos primeiros Siniestro Total; os tamén santiagueses ROYALTIES, unha apisonadora de punk-rock and roll formada por clásicos da escena da cidade que se atopan, coa edición do seu último cd, no seu mellor momento creativo; MINAPOLARIS, outro conxunto de rock abrasivo procedente da Coruña; e os portugueses GREEN MACHINE, ben coñecidos pola parroquia galega polos seus concertos incendiarios baseados na impresionante presenza escénica do seu vocalista e na suorosa base rítmica que o acompaña.

O concerto, que coma sempre é de balde, empezará ás dez da noite.

ROCK EN COSTA 2009_______

GREEN MACHINE
NOVEDADES CARMINHA
MINAPOLARIS
ROYALTIES

Sábado 13 de xuño, 22.00 horas. Centro Socio Cultural do Castiñeiriño, Compostela
Entrada de balde

www.myspace.com/rockencostafestival
www.rockencostafestival.wordpress.com
www.xurasica.com

0 , comentar:

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA