...

25 jun 2007

Festa do equinoccio na Algalia

Un ano máis desprazamonos á Algalia á procura de ricas sardiñas, bo viño do país e xente como para encher o monte do gozo.
Chegounos a reportaxe da organización (Pakolas):

antes
namentres
despois
E ista foi a nosa particular visión da velada:




Parabens, xentes da Algalia e visitantes. Até o vindeiro ano...

Read more...

22 jun 2007

Día da música na Capitol

Co gallo do día europeo da música tivemos a sorte de disfrutar dun espectáculo de ROCK'N'ROLL inesquecible na sala Capitol.
Comezaron os Right Ons (que nin son de dereitas nin das illas Ons) cunha mestura de rock garaxeiro, funk, soul e, ante todo, gañas de pasalo ben e facer bailar ós presentes. Moi correctos e moi cañeros e grazas a iso quentaron ó publico para o prato forte...

... e chegaron the BellRays
Foi sair Lisa e deixar mudos ós das primeiras filas. É todo forza. O seu chorro de voz proxectábase ata dentro do peito dos que escoitabamos nunha Capitol casi chea. Pero non só estaba esta diva do Soul na escena, o batera (Craig) é do mellor que vin, atreveuse con 'solos' de 10 minutos que, lonxe de aburrir, facían tremer a sala. Tony, á guitarra, pégalle con forza e sen tregua, pois non deixaron de encadear tema tras tema sen darmos respiro. A maior complicidade amosarona Bob (o baixo) e Lisa, que sen deixar de rockear toda a noite, deron mostras de ser máis que compañeiros de banda e fixeron un bonito pique de baixo e voz no que, obviamente gañou Lisa e gañamos nós.
Despois de empezar fortísimo, tanto polo rock como polo volume (atronador, aínda pítannos os oidos) o lóxico era que baixaran o ritmo: tarea inútil, o que si fixeron foi darlle máis velocidade e máis gañas de bailar ós nosos cansos pes.
En resume: casi duas horas do mellor Rock and Soul.



Read more...

20 jun 2007

Tributo a El Fary

Os hai que non tiñan que morrer nunca... Gracias Fary.

Read more...

Bellrays na Capitol

O vindeiro xoves 21 de xuño visitannos os BellRays na Capitol
Non falledes, que paga a pena. A escusa e o dia da musica, e por iso soamente custa 10 € a entrada.
Nos, no pirañaROCK pecharemos ate o fin do concerto para facer despois una festa de ROCK'N'ROLL

Read more...

15 jun 2007

Tetra & Freek no Krooner

Tralo éxito do concerto do pasado sábado 9 na sala Nasa no que tocaron con Skarmento, volven os Tetra & Freek á sala Krooner o día 30 de xuño co seu estilo inclasificable (eles chámano "ponk")
O prezo da entrada: 5 €, os primeiros 50 lévanse unha maqueta

Read more...

14 jun 2007

arte urbana (XXIX)

Edimburgo maio 2007



E para manter o caracter internacional desta recopilación, el teniente Pastillo capturou para nos estas plantillas en Escocia

Read more...

arte urbana (XXVIII)

Compostela abril 2007




tiña un poco abandonada a sección stencils, hoxe publico algunhas que me pasou Pakolas

Read more...

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA