- | HISTORIAS DO ROCK | ARTE URBANA | FALAS D. Q. A. | ACCEDE |
14 jun 2007
Dominique A no Auditorio
Fantástica actuación de Dominique A no Auditorio o pasado 9 de xuño (polo que me dixeron).
Gran reportaxe R-G-B de Cirus



9 jun 2007
Concentración de Harleys no Obradoiro
Reportaxe da Concentración de Harleys no Obradoiro, enviado polo Humanoide no que nin hai motos nin é no Obradoiro (agás a sua)
(non pretendimos molestar a ninguén, como houbo quen dixo que era improcedente a instantánea, foi retirada)
tremenda máquina, colega
30 may 2007
Marta Castro expón no pirañaROCK
temos nova exposición de óleos de Marta Castro no pirañaROCK, se queredes vela, xa sabedes onde estamos. Velaí unha mostra do exposto:
24 may 2007
Rock en Costa 2007
Desde o Castiñeiriño para o resto do planeta, pasando por Galicia e Portugal, o Festival Rock en Costa fai neste 2007 seis anos de vida reivindicando o poder dos barrios como eixes culturais e a puxanza da música galega e lusa. Contra o final da liña 6 do bus urbano de Santiago D.C. tes unha cita para o día 2 de xuño: cinco grupazos, catro do país e un da outra beira da Raia, para mostrarche a música que se fai no extremo occidental de Europa. Do punk dos Royalties ao músculo dos Samesugas, do rock fibroso dos Act-Ups ao revival dos Riff Raff e o hardcore dos Última Sacudida. A Asociación Cultural Xurásica e toda unha escudería de bandas intensas espérante no campo da festa do Castiñeiriño para demostrarche que a revolución sempre nace na periferia...
Read more...
21 may 2007
Vedra-Verea Rock
O vindeiro 2 de xuño celebrase unha nova edición do Vedra-Verea Rock, e xa temos o cartel con incorporacions de última hora
Supersuckers na Caracol (Madrid)

Seica o Txalvita desfrutou do mellor rock'n'roll dos Ianquis Supersuckers na sala Caracol de Madrid e tivo a boa idea de enviar esta afoto








