Rock en Costa 2007
Desde o Castiñeiriño para o resto do planeta, pasando por Galicia e Portugal, o Festival Rock en Costa fai neste 2007 seis anos de vida reivindicando o poder dos barrios como eixes culturais e a puxanza da música galega e lusa. Contra o final da liña 6 do bus urbano de Santiago D.C. tes unha cita para o día 2 de xuño: cinco grupazos, catro do país e un da outra beira da Raia, para mostrarche a música que se fai no extremo occidental de Europa. Do punk dos Royalties ao músculo dos Samesugas, do rock fibroso dos Act-Ups ao revival dos Riff Raff e o hardcore dos Última Sacudida. A Asociación Cultural Xurásica e toda unha escudería de bandas intensas espérante no campo da festa do Castiñeiriño para demostrarche que a revolución sempre nace na periferia...
0 , comentar:
Publicar un comentario