...

13 dic. 2009

Tungsteno




O volframio (tamén chamado Tungsteno no mundo anglosaxón) é un elemento químico de número atómico 74, que se encontra no grupo 6 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é W.

É un metal escaso na cortiza terrestre. Encóntrase en forma de óxido e de sales en certos minerais. De cor gris acerada, moi duro e denso, ten o punto de fusión máis elevado de tódolos metais e o punto de ebullición máis alto de tódolos elementos coñecidos. Úsase nos filamentos das lámpadas incandescentes, en electrodos non consumibles de soldaduras, en resistencias eléctricas e, aleado co aceiro, na fabricación de aceiros especiais.

A súa variedade de carburo de volframio sinterizado emprégase para fabricar ferramentas de corte. Esta variedade absorbe máis do 60% da demanda mundial de volframio.

É un material estratéxico e estivo na lista de produtos máis codiciados desde a segunda guerra mundial. O goberno dos Estados Unidos mantén unhas reservas nacionais de 6 meses xunto a outros produtos considerados de primeira necesidade para a súa supervivencia.

É fundamental para entender as sociedades modernas. Sen el non se poderían producir dunha forma económica tódalas máquinas que nos rodean e as cousas que se producen con elas.

* Número atómico: 74
* Masa atómica: 183,84 uma
* Punto de fusión: 3410°C
* Punto de ebullición: 5930°C
* Densidad: 19250 kg/m3

0 , comentar:

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA