...

7 may. 2009

AS BANDAS COMPOSTELÁS THE LORCHAS E DIRTY SOCKS, ESTE SÁBADO 9 NO CENTRO SOCIAL DO CASTIÑEIRIÑO

A Asociación Cultural Xurásica organiza de balde un novo concerto no que se xuntan un dos mellores grupos santiagueses do último decenio cun dos novos valores do rock na cidade



The Lorchas son desde sempre o segredo mellor gardado da escena rock de Santiago DC: amarrados a un post-core intenso, móvense entre a melodía e a furia desatada



Dirty Socks véñen de gañar o concurso Música Xove 2009 con cancións apegadas ao último indie anglosaxón coas que pretenden facer bailar e vibrar ao público



Compostela, 6 de maio do 2009.-



As bandas compostelás The Lorchas e Dirty Socks protagonizarán este sábado 9 de maio un novo Concerto Xurásico, organizado pola Asociación Cultural Xurásica. O evento, que reunirá a unha das mellores bandas santiaguesas do último decenio e a un dos máis sólidos novos valores do rock na cidade, levarase a cabo no Centro Socio Cultural do Castiñeiriño, ás 21.00 horas. A entrada, coma sempre, é de balde.



Pouco pródigos en actuacións pero posuidores dun directo dificilmente esquecible, The Lorchas son desde sempre o segredo mellor gardado da escena rock de Santiago DC: amarrados a un post-core intenso, móvense entre a melodía e a furia desatada. Composta por ex integrantes de Fulsomes ou dos Dirty Barriguitas, esta banda edita con contagotas enormes e emocionantes cancións, que se pode descargar na súa páxina ou no seu myspace.



Pola súa parte, os Dirty Socks arrímanse ao último indie anglosaxón (Franz ferdinand, The Strokes, Arctic Monkeys) para compoñer cancións coas que bailar e vibrar. Formados no 2007, veñen de gañar o concurso Música Xove 2009 e de tocar con outros grupos como The Blows ou os suecos Industri Royal e están a punto de rematar a súa segunda maqueta. Os seus temas poden escoitarse no myspace.



información recollida en www.wordpress.xurasica.com

THE LORCHAS + DIRTY SOCKS

Centro Social do Castiñeiriño, Compostela

Sábado, 9 de maio. 21.00h.

Entrada de balde

Máis información:

www.xurasica.com

www.myspace.com/thelorchas

www.thelorchas.com

www.myspace.com/dirtysockstm

1 , comentar:

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA