...

22 abr 2010

A Gramola Analóxica

Este xoves no Ambigú (e, posibelmente, os que veñan,) coa túa consumición vaiche ser otorgado o dereito de facer realidade os teus desexos musicais.
Porque a partires de agora, os xoves e sábados do Ambigú van ser corrompidos polos insanos apetitos rocanroleiros de dj ñu aka Adolfeti.

A movida chámase Gramola Analóxica, pero é máis dixital e con vocación creative commons ca nai que me crew.

Read more...

14 abr 2010

O sábado Ilegales na Capitol

E despois, festa rachada no Ambigú!!!

Read more...

12 abr 2010

A Hora do Ñu


Este xoves estades invitad@s a unha velada de Rock'n'roll no Ambigú.

A volta de Adolfo aos pratos pode ser unha realidade, non lle falledes!!!!

Read more...

2 abr 2010

concertillo


ATENCIÓN TSUNAMI regresan a Galicia un ano despois de publicar El Lejano Oyente, o seu disco de debut. Fano acompañados dun dos grupos máis orixinais do panorama nacional, WHY GO, co seu flamante primeiro disco homónimo baixo o brazo.

Unha velada contemporánea e ecléctica con luz e escuridades para todas as idades.

atencion tsunami

why go

esto es casa


e todo isto o sábado, 3 de abril ás 22h por só 4 pavos

Read more...

22 mar 2010

Concertos destacados

27-marz o'funk'illo Compostela sala capitol
Sábado ás 22,00h.
18€ | Adiantada (Discos Gong, Discoprecio, A Reixa): 15 €

07-abril Sepultura + Crowbar + Hamlet + Armed For Apocalypse
Mércores Compostela sala capitol

11-abril josele santiago + pablo novoa Compostela sala nasa
Domingo ás 20,00h.
12 € | Adiantada (A Reixa Tenda): 10 €
14-abril corcobado Compostela sala nasa
Mércores ás 21,30h.
12 € | Adiantada (A Reixa Tenda): 10 €

18-maio mark lanegan Compostela sala capitol
Martes ás 21,ooh.
15 € adiantada (Discos Gong e A Reixa Tenda)| 15,75 € en caixanova.es

Read more...

Pecha Kucha Night por Haití na Sala Nasa


Dende que tivo lugar o desastre de Haití, a comunidade de creativos de todo o mundo estase mobilizando na organización dun Pecha Kucha Night en máis de 250 cidades —dende Tokio ata San Franciso—, co fin de recadar fondos destinados á reconstrución dese país. Fondos que irán destinados á ong Architecture for Humanity.

Pecha Kucha, xogo de palabras que en xaponés fai referencia aos sons que se producen durante unha conversa, é unha reunión informal onde cada participante dispón de 20 segundos por 20 imaxes para expoñer en público o seu proxecto creativo, facendo un total de 6 minutos e 40 segundos —cun obrigado “break” para repoñer a cervexa—. Deste xeito lógranse presentacións concisas, mantendo o interese en todo momento e permitindo a participación de moita xente.

O atractivo desta iniciativa, adoptada xa en máis de 260 cidades de todo o mundo, baséase na posibilidade de establecer un punto de encontro alternativo á marxe das institucións, museos, galerías ou publicacións especializadas e os seus editores.

A noite do mércores 24 de marzo, na Sala Nasa, colaboran:

The Homens
Projecto [‘Trepja]

Información extraída de:
www.salanasa.com
(preme para coñecer a todos os participantes e organizadores)

Read more...

Festivais 2010 (II) Arteficial

Un ano máis teatro, maxia, curtametraxes e concertos de rock, pop e hip-hop chegan á Ribadavia da man de Arteficial, para ledicia da mocidade galega.

30 abr - Festival Arteficial Ribadavia
23:00, Concertos:
Los Coronas – Madrid
Pacífico – Galiza
The Electric Riders – Navarra
Sweet Oblivion Band – Galicia

1 mai - Festival Arteficial Ribadavia
23:00, Concertos:
Sindicato del Crimen – Madrid
Guerrilla: tributo a RATM – Andalucía
Second Silence – Madrid
Los Sesuales – Galicia

Todo o programa e máis información: nvivo.es
entradas á venda por 5,5 € un día, 8,5€ abono 2 días en:
la boletería
caixa galicia

Read more...

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA