- | HISTORIAS DO ROCK | ARTE URBANA | FALAS D. Q. A. | ACCEDE |
3 jun 2008
6 may 2008
29 abr 2008
semifinal e final de liga Teu Lar - pirañaROCK
Tercera División Sénior
Como víñamos informando, celebráronse os partidos correspondentes á semifinal e final polo campión de 3ª división de fútbol sala sénior de Santiago.O primeiro destes partidos enfrentou no polideportivo de Roxos o xoves pasado (24-Abril) a "Papelería Ledoira" coas nosas estrelas do "Teu Lar - pirañaROCK" e como ven sendo habitual nestes partidos comezamos a primeira parte con resultado adverso: 0-1
Fixeron falla a mestría, coraxe e corazón dos nosos chicos para darlle a volta ó resultado nos últimos 5 minutos de partido acadando un meritorio 3-1 cos goles de Lugo e Diego (mailo zapatazo desde a área contraria de Ernesto que pillou ó porteiro rival adiantado como guinda final) Noraboa, con este resultado tíñamos praza na final.
FINAL"Mesón O Recuncho" vs "Teu Lar - pirañaROCK"
Na primeira metade, (como non) levamos un xarro de auga fría co primeiro gol do "Recuncho", a grada clamaba sen saber que a nosa especialidade son as remontadas.
Comezou a segunda parte e con ela a reación do "Teu Lar": ó poco de empezar, gol de Ernesto nun pícaro saque de esquina case directo e cos ánimos arriba chegou o segundo do pé de Lugo.
Xa víamos nosa a victoria, cando un GOLAZO (compre decilo) do "Recuncho" que pegou nos dous paos antes de entrar, seguido dun golpe de falta directo que tamén acabou en gol poñía as cousas difíciles para os nosos, pois restaban menos de 5 minutos para o remate.
Pero nunha xogada estraña na que o balón ficou no ar (coma nunha escena de Matrix), David reacionou e, sen deixalo chegar ó chan, empotrouno batendo á defensa rival.
Por segundo luns consecutivo vímonos no mesmo escenario e na rolda de penaltis, na que de novo ninguén dos nosos fallou e, tralo tiro de Pilo (xa sabedes: Penalti+Pilo=Gol) Un ENORME Quique finta á dereita, estírase á esquerda e QUIQUE QUIQUE QUIQUE PARADÓN!!!
a liga remata, a tempada foi perfecta (20 victorias, 2 empates e 1 derrota), pero non deixedes de apoialo voso equipo... O vindeiro venres (9 de maio) 1º partido da copa contra o mesón "A Poda" (1ª división).(pd.- Virus, no "Poda" xoga un "Tuto": VINGANZA!)
A Gran Xira de Tetra & Freek pasa polo pirañaROCK
Os auténticos reis do Ponk revisitan o pirañaROCK este sábado para presentarnos os seus novos temas, non volo perdades, risas garantidas.
Se queredes saber máis destes monstruos da escena podedes visitalo seu myspace
Tamén podedes difundila súa reivindicación de plaxio por parte de Chiquilicuatre: vídeo a Buenafuente
E como anticipo, o comenzo da 1ª actuación na festa hortera da Nasa
22 abr 2008
Ascenso Teu Lar - pirañaROCK
restan 2 minutos para o remate do partido, o equipo do Grupo Brea ten o resultado ó seu favor tralo INXUSTO gol (con falta ó porteiro incluída) que significaba o 2-1.
5 ocasións seguidas dos nosos heroes non puideron ser materializadas ata que chega a maxia de Miguel e o seu magnífico tanto, aínda podemos soñar.
Rolda de penalties: comezan eles, ninguén falla o seu tiro, chega noso "6" e o porteiro rival o para... uff, non valiu, adiantouse, repítese e GOL! Turno para eles e... QUIQUE QUIQUE QUIQUE PARADÓN!!! turno para Pilo, ainda non tirou pero xa ve a pilota dentro das redes... non podía ser doutro xeito: GOL!
Ascendemos!!! (en realidade sodes un equipo de primeira, pero para o ano xogamos na 2ª división, fóra xa do inferno dos tres grupos da 3ª)
14 abr 2008
8 abr 2008
Liga de Futbolín de Compostela
Na vindeira semana comeza a liga de Santiago
Os bares participantes son 9:
pirañaROCK, Volga, Lo Más, Mazaricos, Nido Do Cuco, A Esquina, A Bolera de Área Central, Bar JJ e A Cova.
Polo pirañaROCK xogan 3 parellas ás que desexamos o mellor.
Seguiremos a liga desde aquí e nas seguintes ligazóns:














