Festa de bigotes 2007
Co fin de agosto chegou unha nova festa de bigotes pirañaROCK. Na liña do ano pasado, pasámolo ben cos nosos tuneados looks, escoitamos algo de ROCK e bebimos hectolitros de mojito. Feliz verán a tod@s!








Co fin de agosto chegou unha nova festa de bigotes pirañaROCK. Na liña do ano pasado, pasámolo ben cos nosos tuneados looks, escoitamos algo de ROCK e bebimos hectolitros de mojito. Feliz verán a tod@s!








Dacordo coas boas maneiras do Ambigú, o fin do torneo foi un novo convite de productos do país do que dimos boa conta en poucos minutos, bon proveito.

Eu, como prometera, acadei a máscara do último guerreiro cun meritorio 4º posto. Pako estivo digno e marchou coa botella de ron do 6º
E Miguel, fel ó seu compromiso de facerse a cubertería de pao xogando os dardos, levou o culler do último clasificado, noraboa
O vindeiro sábado, 18 de agosto, no templo dos dardos "Ambigú" hase celebrar o 3º torneo individual de criquet.

Que gañe o mellor. (Eu conformaríame co 4º posto, quero a careta de loita mexicana do humanoide)
Como xa saberedes os que viñeches nestas últimas duas semanas, temos un novo xoguete no pub. Un bonito "Presas 2000", veloz e divertido como poucos.
Velaí o noso homenaxe os dous primeiros que pasaron por embaixo do futbolo:
fotos: Ces
O pasado 28 de xullo celebrouse no colexio "La salle" o 1º torneo de xadrez activo do clube Algalia e, como non, ali estivo (e participou) noso amigo Pakolas
este é o seu punto de vista:

se non o poño, revento. Con sorte me pechan o blogue.
Todo o bo remata, pero se o fai coma neste peche da liga de criquet por parellas de Compostela no Ambigú: con pintxos, premios, boa xente e, por riba levándo o 1º premio (copón!), non é tan grande a mágoa...
Noraboa ós premiados e a Toño, que a maiores de leva-lo 6º, gañou a tele que se sorteaba
Read more...

Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.© Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008
Voltar ARRIBA