Cracker na Capitol
A banda californiana volve á Capitol para presentar o seu novo traballo "Sunrise in the Land of Milk and Honey", o décimo xa desde o homónimo debut de 1992.
(Moi recomendables tamén "Kerosene Hat" de 1993, "Gentleman's Blues" de 1998 e "Greenland" de 2006.)
Se non me equivoco, non veñen pola península desde hai máis de cinco anos, cando tocaron no azkena en setembro de 2003 e saíron de xira con You Am I, parando pola Capitol en xaneiro de 2004.
A orixinalidade deste grupo está no xeito de mesturar nun formato que adoitan definir como "alternativo", "indie" e demais palabros, blues, soul, power-pop setenteiro e o rock máis puro coas raices do country, os sons "americana", blue-grass...
Recoméndovolos sinceramente, sobre todo neste disco no que, sen perder a limpeza do seu son clásico, amosan máis carraxe que nunca con temas máis críticos e inconformistas que prometen sorprender.
xira CRACKER xaneiro 2010
22 - Barcelona - La2 de Apolo
23 - Murcia - Sala 12 & Medio
26 - Madrid - Sala El Sol
27 - Bilbao - Kafe Antzokia
28 - Gijón - Casino
29 - Santander - C.C. Caja Cantabria
30 - Santiago - Capitol
www.crackersoul.com
www.myspace.com/crackerhatemyspace
Entradas: la boletería
0 , comentar:
Publicar un comentario