Cracker na Capitol
A banda californiana volve á Capitol para presentar o seu novo traballo "Sunrise in the Land of Milk and Honey", o décimo xa desde o homónimo debut de 1992.
(Moi recomendables tamén "Kerosene Hat" de 1993, "Gentleman's Blues" de 1998 e "Greenland" de 2006.)
Se non me equivoco, non veñen pola península desde hai máis de cinco anos, cando tocaron no azkena en setembro de 2003 e saíron de xira con You Am I, parando pola Capitol en xaneiro de 2004.
A orixinalidade deste grupo está no xeito de mesturar nun formato que adoitan definir como "alternativo", "indie" e demais palabros, blues, soul, power-pop setenteiro e o rock máis puro coas raices do country, os sons "americana", blue-grass...
Recoméndovolos sinceramente, sobre todo neste disco no que, sen perder a limpeza do seu son clásico, amosan máis carraxe que nunca con temas máis críticos e inconformistas que prometen sorprender.
xira CRACKER xaneiro 2010
22 - Barcelona - La2 de Apolo
23 - Murcia - Sala 12 & Medio
26 - Madrid - Sala El Sol
27 - Bilbao - Kafe Antzokia
28 - Gijón - Casino
29 - Santander - C.C. Caja Cantabria
30 - Santiago - Capitol
www.crackersoul.com
www.myspace.com/crackerhatemyspace
Entradas: la boletería


















Rockeiros de mais ou menos xeración. Templo sen relixión dos descontentos do resto. Lar de mar de puños, de femias fermosas e de tipos atípicos. Mesas de la muerte, Jesus Christ pose, ponme Nine Inch Nails, Sandra, Sandra..., al gordo, musicaca goonie, ride on, dez rusos blancos, trofeios de recordos, recordos de esforzos, risas e máis risas, bestas da idade de pedra, festa por exemplo, Stephano Goché, balón de oxíxeno, seica chove, paraugas asasinos, fresas, arándanos e rosas, vodka negro e cervexa por defecto, nomes e motes, la bola del ocho, inspección técnica periódica, rincón acdc, cabina de Rock, tabaco, futbolo, dardos, Jueves, Ano, Popular e Heavy Rock. Baranda de culo, meseta de mus e seis oitenta e dous de barra de Adolfo e xadrez.
























