Marta Castro expón no pirañaROCK
temos nova exposición de óleos de Marta Castro no pirañaROCK, se queredes vela, xa sabedes onde estamos. Velaí unha mostra do exposto:
temos nova exposición de óleos de Marta Castro no pirañaROCK, se queredes vela, xa sabedes onde estamos. Velaí unha mostra do exposto:
Desde o Castiñeiriño para o resto do planeta, pasando por Galicia e Portugal, o Festival Rock en Costa fai neste 2007 seis anos de vida reivindicando o poder dos barrios como eixes culturais e a puxanza da música galega e lusa. Contra o final da liña 6 do bus urbano de Santiago D.C. tes unha cita para o día 2 de xuño: cinco grupazos, catro do país e un da outra beira da Raia, para mostrarche a música que se fai no extremo occidental de Europa. Do punk dos Royalties ao músculo dos Samesugas, do rock fibroso dos Act-Ups ao revival dos Riff Raff e o hardcore dos Última Sacudida. A Asociación Cultural Xurásica e toda unha escudería de bandas intensas espérante no campo da festa do Castiñeiriño para demostrarche que a revolución sempre nace na periferia...
Read more...
O vindeiro 2 de xuño celebrase unha nova edición do Vedra-Verea Rock, e xa temos o cartel con incorporacions de última hora
Seica o Txalvita desfrutou do mellor rock'n'roll dos Ianquis Supersuckers na sala Caracol de Madrid e tivo a boa idea de enviar esta afoto
Como xa vos dixen, Pakolas estivo na xgn07 e capturou esta escena na que rockgaliza aparece no proxector dunha sala de conferencias na que os de compostela wireless falaron de software libre, de GNU-Linux, Gnome e demáis GNÚS.
O neno labrego presenta o seu primeiro concurso de pintura.
Eu permitinme a libertade de facer pública a convocatoria (se este post desaparece nos vindeiros días será que non tiña tal libertade, pero non o creo)
Tedes até o 15 de xuño para presentalas vosas obras... apurade, eu xa estou nelo
Aquí tedes as bases:
© Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008
Voltar ARRIBA