...

9 sept 2013

Huy que poca actividad.....

Read more...

4 feb 2013

"As silenciadas" online!!!!

Grazas a participación no festival internacional de cine Humanity Explored, podedes ver "As silenciadas" online.

As Silenciadas online


Read more...

7 mar 2012

Documental TORREIROS



Documental que homenajea la figura de l@s farer@s que están desapareciendo.

Podéis apoyarlo en la siguiente dir:

Read more...

4 feb 2012

Festival MUNDOSONS

    Nesta primeira edición adicado á música afroamericana.
    Moito funk e moi bo blues.

    Representacións arxentina, mexicana, galega e madrileña.

    2 días de Concertos na Sala Capitol!!!
    Todo moi baratiño 16 pavos o bono para os dous concertos
10 € cada xornada (venda anticipada na REIXA TENDA)

7 MARZO · PHANTOM CLUB (Gz/Arxentina)
         + Los MIGHTY CALACAS (a nova banda méxicana de Marcos Coll)

17 MARZO · BAKIN BLUES BAND (Compostela)
         + MAMAFUNKO (tributo James Brown)

Permanecede atentos!!!
Axiña toda a programación de actividades para esa semana nos garitos máis emblemáticos de Compostela. (Cachán, Reixa, Fraggle, Ultra, Embora, Soul&Sombra, La Radio, Modus...)

Ti tamén es MUNDOSONS!!!!

Read more...

16 ene 2012

Próximos concertos en Compostela

Grandes citas agardan por nós neste comezo de ano na Capitol:

Letz-Zep o 28 de xaneiro coas mellores covers dos Zeppelin.
18/23€

Misfits o 9 de febreiro con Jerry Only como único dos orixinais.
22/27€

Corizonas o 10 de febreiro (Coronas + Arizona Baby).
15/18€

Thin Lizzy o 12 de febreiro con 4 dos membros clásicos.
30/35€

Nada Surf o 17 de febreiro
18€+ gastos

Diamond Dogs o 25 de febreiro
15/18€

The Jon Spencer Blues Explosion o 13 de marzo
18/22€

Mark Lanegan Band o 28 de marzo
18€+ gastos

A Venta de entradas adoita ser en:
A Reixa Tenda (Santiago)
Portobello (A Coruña)
Elepé (Vigo)
ou Online:

Read more...

15 ene 2012

The Answer na Capitol

Este sábado, 14 de xaneiro, dentro do ciclo "Compostela ROCK" na Capitol, gozamos co concerto de THE ANSWER, unha das bandas máis en forma do Rock internacional.   
    Estiveron enormes os irlandeses na súa visita a Compostela!
    Comezaron cunha das máis "resultonas" do último traballo: "New Day Rising" (Revival, 2011), pero axiña puxéronos os pelos coma escarpias co "Under the Sky" do primeiro (Rise, 2007).
    Diríavos cales tocaron do 2º (Everyday Demons, 2009) pero a verdade é que é o que menos controlo (non debeu ser así entre os asistentes ó concerto pois mercábano en vinilo e cd por ducias).

    Momento máxico no tema "Preaching" do Rise (un dos nosos favoritos no piraña) cando baixou co público e fíxonos sentar no chan (ou rezar xa que estabamos co tema)... moi divertido, si señor.
    Un "boas noites Santiago" ó comenzo e mais uns "graciñas" tralos aplausos e xa tiña o respectable no peto, tanto que nos permitiu cantar con el un par de veces, tamén preguntou pola bebida típica nestas latitudes...

    e por sorte (para nós que estabamos cunha chea... non sei se tamén para eles) atopámolos na Reixa ás tantas e, como "answer" á súa pregunta, convidámolos a un LK, pero seica gustáronlles máis as cervexas locais.
    A verdade é que nos pareceron uns tipos do máis simpático.

Read more...

29 dic 2011

The Answer na Capitol


15 € + gastos distribución
18 € taquilla

Venta de entradas:
Carrefour, FNAC, Halcón Viaxes, Tendas Tipo, Discos Gong 

Read more...

16 jun 2011

Incredibile ma vero: Metallica e Lou Reed gravan disco conxunto!



Que teñen en común os creadores dunha obra magna(entre outras) coma "Master of puppets" e o lexendario líder da Velvet? Pois a parte de que poidan compartir o mesmo camello(difícil, uns son da Bay Area e o outro de New York), que coincidiron no 25 aniversario do Rock and roll hall of fame, onde se marcaron uns temas(podedes ver a interpretación conxunta de "Sweet jane" ao final).
En fin, a ver que sae de aquí, pintar non pinta ben, pero nunca se sabe. Podedes ver fotos das sesións de gravación aquí.



Se che interesa esta e máis novas rockeiras, visita rockisome.wordpress.com

Read more...

13 jun 2011

Concerto na Coruña presentado por El-Beasto-Tours.

O vindeiro 18 de xuño, ás 22:00, cita co rock americano na sala Mardi Gras da Coruña.

O prato forte serán os californianos Lazy Stars co grande Jonny Kaplan ao fronte.
myspace.com/jonnykaplanandthelazystars

E como grupo invitado, un dos nosos favoritos ЯOCKgalegos:
Los Eternos, country-rock desde Cedeira.
myspace.com/loseternos

www.salamardigras.com
elbeasto.com/tours
12€ anticipada 15 € taquilla
venda: DISCOS PORTOBELLO (A Coruña)
reservas: elbeasto@elbeasto.com / Tfn. 881885328

Read more...

Reggae e Rock na Capitol

Axenda para tódolos gustos:

O xoves 16 de xuño ás 20:30, Julián Marley, o fillo do mito, vainos facer bailar na Capitol
www.julianmarley.com
teloneado polos coruñeses Bush Doctors
myspace.com/bushdoctorsreggae
20€ anticipada 25€ taquilla

E o 1º de xullo ás 20:30, os ex-Asfalto José Luis Jiménez e Lele Laina, que no 1978 formaron Topo, presentan os seu novo traballo e mailos temas míticos de ambalas dúas bandas.
www.grupotopo.com
acompañados dos rockeiros composteláns Tungsteno.
myspace.com/wtungsteno
18€ anticipada 22€ taquilla

www.salacapitol.com

Read more...

12 abr 2011

azkena 2011


www.azkenarockfestival.com
E non hai moito máis que dicir...

Read more...

2 abr 2011

Estrea de As silenciadas

O próximo 8 de abril, as 20,30h na Domus, A Coruña
http://www.casaciencias.org/domus/
MAPA

Read more...

4 mar 2011

desligados do miúdo

A casa de música e o café Miúdo presentan:

Hai moitas razóns que fan que este concerto sexa imprescindible nas nosas axendas

1-Celébrase a despedida do café Miúdo de Compostela, lugar de reunión sen par para a bohême compostelá. Un continente entrañable cun contenido (jazz, xadrez, palabras, folk, licor café, persoas...) trístemente raro nestes tempos.

2-Reúnense máis de vinte bandas, dúos, tríos ou solistas que interpretan cultura libre. Músicas creative commons que foron un día escoitadas en directo no Miúdo e que, para este día especial, se trasladan ao Auditorio de Galicia.

3-A variedade de estilos déixame sen ostentosos epítetos. Jazz, folk, rock, punk, hip hop, metal... mimá, todos xuntos, nun acto de rebeldía fronte á conformidade: coido que están moi ben as manifestación en contra das leis que restrinxen o acceso á cultura, pero, que mellor protesta que a reivindicación das alternativas reais? Que existen é un feito, e os privilexiados que veñades ídelo ver.

evento desligados do Miúdo no facebook

Read more...

11 dic 2010

Lüger - Swastika Sweetheart

Velaquí o vídeo que o noso amigo Crespez fixo para os madrileños Lüger



Sodes libres de descarga-lo disco en www.luger.bandcamp.com

Read more...

17 nov 2010

Adolfo gnu no Ambigú

A partires de agora tedes todos a oportunidade de escoita-lo voso ROCK favorito destes dous séculos da man dun dj dos de antes (sen chunda-chundas deses que lles gustan aos novos).Tódolos xoves noite no Ambigú a iso das 11.

Read more...

18 may 2010

XVII Festival de Cerceda.

este sábado 22 de maio...

Cerceda será a primeira vila galega en declararse «100% libre da SGAE»


Farao dunha forma simbólica o próximo 22 de maio durante a celebración do seu 17º festival

A localidade coruñesa de Cerceda será o primeiro pobo galego en declararse 100% libre da SGAE, aínda que só de forma simbólica. Será o próximo día 22, cando se celebre a 17.ª edición do seu festival, organizado pola Asociación Cultural Lucerna e dedicado desta volta á cultura libre.

«É un tema que está de moda, pero xa vén de atrás», lembra Xosé Bocixa, membro de Lucerna. «Eu formo parte do grupo Zenzar, levamos cinco discos editados fóra da SGAE e houbo un momento no que era case ilegal. Chamábannos para ameazarnos sen pertencer a eles», explica. De aí que á asociación, composta na súa maioría por xente do pobo vinculada a grupos musicais, centre boa parte da súa actividade en concienciar á xente de que hai outras opcións.

Así, a edición deste 2010 inaugurarase cunha mesa redonda na que se debaterá sobre os bens culturais de uso común, unha alternativa aos tradicionais dereitos de autor. Esta cita contará, entre outros, con Francisco Alvarellos e Joaquín Riera, socios da Casa de Música, «un espazo multidisciplinar compostelán que ofrece asesoramento a locais e grupos sobre lexislación e licenzas», en palabras de Bocixa.

As actividades da tarde completaranse coa proxección de curtametraxes que non están suxeitas á SGAE e coa iniciativa de que os bares da zona pinchen unicamente música libre. «Xa falamos cos locais e distribuímoslles temas en MP3. Iso non é ningún problema, hai miles e miles», sinala Bocixa.

Para a noite resérvase o prato forte do festival. Tras a lectura do manifesto que declarará á vila libre da SGAE, terán lugar as actuación musicais, da man dos grupos locais 12 Labirinto e Gendebeat, dos vigueses Selectah in Helicopta -que serán os encargados de pechar a noite- e Leo i Arremecághona, dos coruñeses Fracasados de Antemano e da banda de metal Nao.

A iniciativa de Lucerna está sendo moi ben acollida porque, segundo Bocixa, a oposición á SGAE é xeralizada. «A xente está queimada, o que fan é unha auténtica sangría. Pretendemos amosar que hai outras solucións para a xente modesta deste negocio», sinala Bocixa. «Moitos están en contra, pero pensan que non está na súa man facer nada. Nós non somos uns expertos, pero colaboramos co noso gran de area», conclúe.

(Míriam Vázquez Fraga, 11-05-10, la voz de Galicia)

Read more...

12 may 2010

AS SILENCIADAS


As silenciadas é un documental histórico que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio… O seu papel foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia e cómpre coñecelo.

www.silenciadas.com

Read more...

22 abr 2010

A Gramola Analóxica

Este xoves no Ambigú (e, posibelmente, os que veñan,) coa túa consumición vaiche ser otorgado o dereito de facer realidade os teus desexos musicais.
Porque a partires de agora, os xoves e sábados do Ambigú van ser corrompidos polos insanos apetitos rocanroleiros de dj ñu aka Adolfeti.

A movida chámase Gramola Analóxica, pero é máis dixital e con vocación creative commons ca nai que me crew.

Read more...

14 abr 2010

O sábado Ilegales na Capitol

E despois, festa rachada no Ambigú!!!

Read more...

12 abr 2010

A Hora do Ñu


Este xoves estades invitad@s a unha velada de Rock'n'roll no Ambigú.

A volta de Adolfo aos pratos pode ser unha realidade, non lle falledes!!!!

Read more...

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA