22 mar 2010

Pecha Kucha Night por Haití na Sala Nasa


Dende que tivo lugar o desastre de Haití, a comunidade de creativos de todo o mundo estase mobilizando na organización dun Pecha Kucha Night en máis de 250 cidades —dende Tokio ata San Franciso—, co fin de recadar fondos destinados á reconstrución dese país. Fondos que irán destinados á ong Architecture for Humanity.

Pecha Kucha, xogo de palabras que en xaponés fai referencia aos sons que se producen durante unha conversa, é unha reunión informal onde cada participante dispón de 20 segundos por 20 imaxes para expoñer en público o seu proxecto creativo, facendo un total de 6 minutos e 40 segundos —cun obrigado “break” para repoñer a cervexa—. Deste xeito lógranse presentacións concisas, mantendo o interese en todo momento e permitindo a participación de moita xente.

O atractivo desta iniciativa, adoptada xa en máis de 260 cidades de todo o mundo, baséase na posibilidade de establecer un punto de encontro alternativo á marxe das institucións, museos, galerías ou publicacións especializadas e os seus editores.

A noite do mércores 24 de marzo, na Sala Nasa, colaboran:

The Homens
Projecto [‘Trepja]

Información extraída de:
www.salanasa.com
(preme para coñecer a todos os participantes e organizadores)

No hay comentarios:

Publicar un comentario