Grandes citas agardan por nós neste comezo de ano na Capitol:
Letz-Zep o 28 de xaneiro coas mellores covers dos Zeppelin.
18/23€
Misfits o 9 de febreiro con Jerry Only como único dos orixinais.
22/27€
Corizonas o 10 de febreiro (Coronas + Arizona Baby).
15/18€
Thin Lizzy o 12 de febreiro con 4 dos membros clásicos.
30/35€
Nada Surf o 17 de febreiro
18€+ gastos
Diamond Dogs o 25 de febreiro
15/18€
The Jon Spencer Blues Explosion o 13 de marzo
18/22€
Mark Lanegan Band o 28 de marzo
18€+ gastos
A Venta de entradas adoita ser en:
A Reixa Tenda (Santiago)
Portobello (A Coruña)
Elepé (Vigo)
ou Online:
16 ene 2012
15 ene 2012
The Answer na Capitol
Este sábado, 14 de xaneiro, dentro do ciclo "Compostela ROCK" na Capitol, gozamos co concerto de THE ANSWER, unha das bandas máis en forma do Rock internacional.
Estiveron enormes os irlandeses na súa visita a Compostela!
Comezaron cunha das máis "resultonas" do último traballo: "New Day Rising" (Revival, 2011), pero axiña puxéronos os pelos coma escarpias co "Under the Sky" do primeiro (Rise, 2007).
Diríavos cales tocaron do 2º (Everyday Demons, 2009) pero a verdade é que é o que menos controlo (non debeu ser así entre os asistentes ó concerto pois mercábano en vinilo e cd por ducias).
Momento máxico no tema "Preaching" do Rise (un dos nosos favoritos no piraña) cando baixou co público e fíxonos sentar no chan (ou rezar xa que estabamos co tema)... moi divertido, si señor.
Un "boas noites Santiago" ó comenzo e mais uns "graciñas" tralos aplausos e xa tiña o respectable no peto, tanto que nos permitiu cantar con el un par de veces, tamén preguntou pola bebida típica nestas latitudes...
e por sorte (para nós que estabamos cunha chea... non sei se tamén para eles) atopámolos na Reixa ás tantas e, como "answer" á súa pregunta, convidámolos a un LK, pero seica gustáronlles máis as cervexas locais.
A verdade é que nos pareceron uns tipos do máis simpático.