...

26 feb 2010

Marcos Coll e Adrián Costa, xira galega

Os blueseiros composteláns máis internacionais, que, coa súa banda Los Reyes del KO triunfan en todo o mundo con base en Berlín, achéganse de novo á súa terra en formato dúo.
Somos tan afortunados que temos a posibilidade de gozar co seu alegre blues-rock nunha ducia de localidades galegas ao longo dos vindeiros dous meses no intre das súas xiras europea e americana.
... Non tedes escusa, os vosos oídos, enquistados pola mediocridade reinante, hano agradecer.
Marzo 2010
05-marz Ferrol Sala Rum Rum
06-marz Illa de Arousa Con Do Moucho
07-marz Ordes Badulake
11-marz Marín Sala Ache
12-marz Sarria Sala Planeta
13-marz Lugo Sala Clavicembalo

Abril 2010
01-abril
Nigrán Clandestino
02-abril Melide Pub Gatos
03-abril Salvaterra Vagalume
04-abril A Coruña Jazz Vides
08-abril Ferrol Teatro Torrente Ballester
09-abril Ponteareas A Regueifa
10-abril Vigo La Pecera

Read more...

24 feb 2010

Máis concertos!!!

05-marz nao + kastomä Compostela sala capitol 5€ taquilla

06-marz rinôçérôse Arzúa festa do queixo de balde

06-marz ruxe ruxe Compostela sala capitol 10€ (+ cd agasallo)

11-marz tonhito de poi e rasa loba Compostela sala capitol 5€

12-marz love of lesbian Compostela sala capitol 18€ taquilla10€ anticipada Gong, Fnac, Tipo, Carrefour, ticketmaster, heineken.es

09-abril supersuckers + rev. horton heat Compostela sala capitol ?

10-abril standstill Compostela sala capitol ?

11-abril the muggs Vigo fábrica de chocolate ?
13-abril the muggs A Coruña mardi gras ?

Read more...

23 feb 2010

Novedades Carminha suben á rede o seu disco “Te vas con cualquiera”

O conxunto de punk Novedades Carminha ven de subir á rede o seu disco Te vas con cualquiera, editado no ano 2009 en vinilo e cedé polos selos discográficos Bowery Records, Lixo Urbano e Rumble Records. O trío compostelán afincado en Madrid aposta, como xa fixera co seu primeiro traballo Grandes Éxitos, pola libre descarga como forma de chegar dun xeito máis directo ao público, sen agachar de ningún xeito o seu amor polas boas edicións en formato físico. O disco poderá ser descargado até o 2 de marzo no seu perfil da rede social Facebook, premendo no link destinado a tal efecto.

Te vas con cualquiera, terceiro mellor disco do ano 2009 en Galicia-Castilla y León para a revista Mondo Sonoro, foi editado hai 3 meses en cedé polos selos discográficos Lixo Urbano e Rumble Records, nunha edición conxunta e limitada a 500 copias que se pode adquirir en tendas ou contactando directamente cos respectivos selos.


Actualmente, a banda está a preparar un novo traballo que verá a luz a fináis do próximo mes de abril. Nesta ocasión, os composteláns sorprenderán cun single en formato vinilo de 7” que editará o selo madrileño Bowery Records, gravado e misturado o pasado mes de decembro nos Estudios Tigruss de Gandía (Valencia) por Pepe Gomar e masterizado en Galicia por Tomás Ageitos.

Novedades Carminha

Contacto: novedadescarminha@gmail.com


www.myspace.com/novedadescarminha


www.facebook.com/novedades.carminha



recibido en rockgaliza@gmail.com



seica algún de vós non está pola labor de ter perfil no facebook, velaquí a ligazón de descarga para eles (espero que non lles amole, comunicaréillelo), pero se o tedes, non dubidedes en pedirlles amizade, porque paga a pena...

Read more...

40 anos de ROCK condensados nun proxecto

'70
led zeppelin definen as bases do que agora coñecemos como ROCK n' roll mesturando a psicodelia hippie e mailas raíces da música folk americana co blues e o rithm & blues da época. Cunha traxectoria impecable, publican seis obras maestras que venden máis de trescentos millóns de exemplares e marcan influencias ata hoxe.
'90
trala experimentación de sonidos sofrida nos anos oitenta (non sempre con éxito), créase unhna escena independente ianqui cun son que recolle a forza do metal da década que remata, pretendendo recuperar a pureza do ROCK clásico, pero lixándoo co punk niuiorquino de finais dos sesenta. O movemento, chamado grunge (termo que se traduciría coma sucio ou malamañado), emerxe na costa noroeste dos Estados Unidos, en Seattle, baixo o selo sub pop, sendo nirvana a banda paradigma do estilo.
'00
nesta década de cambios e exceso de información, en contraposición co oportunista éxito do nu-metal e lembrando a psicodelia dos Sabbath, cobra forma un proxecto que comezou hai anos sen moita sona, paralelamente ao grunge. Falo do rock stoner ou ROCK do deserto dos Kyuss, grupo do que xorden unha enchenta de bandas de calidade coma slo burn, hermano, fu manchu ou unida, pero que consegue triunfar agora da man dos queens of the stone age (qotsa).
Non vos fago esperar: podedeslle pór cara ao polifacético culpable deste éxito: Josh Homme, guitarrista de kyuss, qotsa e eagles of death metal e solista destas dúas últimas, engadídelle ao mellor batera cotemporáneo, Dave Grohl, responsable de nirvana, foo fighters, probot... e colaborador de qotsa tamén e, para rematar, aderezade todo co savoir faire de John Paul Jones, baixista dos zepppelin e pianista cando é mester. O Resultado?

THEM CROOKED VULTURES

Read more...

The Homens en directo.


04-marz Compostela moon music club á venda na Reixa Tenda
05-marz A Coruña sala mardi gras á venda en El Beasto Shop


Video realizado por Roi Fdez. e Isaac Cordal (Fund. Intemperie).
"Calamar" forma parte do álbum TRES (falcatruada '07)
.
Xa á venda o novo traballo CUARTA POTENCIA en El Beasto

Read more...

18 feb 2010

Concertos febreiro-marzo 2010

24 feb - Samesugas Compostela Club LaRadio
Entrada 4 €u

25 feb - Projecto Mourente + Yoplay Compostela Sala Nasa
Entrada 8 €u adiantada, 10 €u taquilla


27 feb - S. A. + Desh O Carballiño Disco Isis Pharia
(festa presentación festival arteficial) Entrada 15 €u


4 mar Derroche + Belöp + MLK Vigo Sala Mondo
(final EISV 2010) Entrada de balde


5 mar - Joan Baez Vigo Centro Cultural Caixanova
Entrada 42 €u
Servinova


6 mar - Barón Rojo A Coruña Coliseum
Entrada 20 €u TNT

Read more...

Concertos HOXE en Compostela

Uns días nada e outros... 3 exemplos:

21:30 - Sala Capitol - Pi Graos + Los Coronas
(entrada por invitacións que xa non quedan)

21:30 - Sala Nasa - Primitive + Codename + Tevra
(entrada 5 €, por internet 5€)

22:30 - Moon Music Club - Minim + Dj Mil
(entrada 3 €)


Read more...

Concertos Xurásica


Os Chavais xurásicos volven á carga cunha morea de concertos para nos alegrar os sábados de fin de mes.

20 feb - LABAZADA + DESBROZADORA

27 mar - YOPLAY + LA PELVIS

24 abr - ALTO! + BLACK BOMBAIN

22 mai - LOS LOMBARDI + BLACK SOUL MOTARDS


a cita é ás 20h no Centro Social do Castiñeiriño, Compostela.

Read more...

16 feb 2010

Big Culo Day 2010

Non é que esteamos moi afeitos a falar de banda deseñada neste blogue, pero esta vez, e xa que me lembrei a tempo, non podía deixar pasar a oportunidade de celebrar a iniciativa que hai un par de ANOS promoveu JC no seu blog:Así que, facendo memoria, fun dar cun dos mitos onanistas da miña infancia, catwoman, e aínda que sexa nesta imaxe no batman dos 60, ata un cativo coma eu, vendo a tvg, salivaba ante a felina pose de Julie Newmar. Non esquezamos tampouco grandes interpretacións da mixiña por parte de Michelle Pfeiffer ou Halle Berry.








...e mesmo outras menos coñecidas como Lee Meriwether no Batman do 1966
O que queda claro é que nun día de homenaxe á súa ilustrísima o Cu saíume a vea zoofílica -pero é que a nena pide gherra, non si?

Read more...

6 feb 2010

30º aniversario The Empire Strikes Back




Obxectivo:

En Orlando (Estados Unidos) vai ter lugar a celebración oficial do 30 aniversario da estrea de The Empire Strikes Back. Han asistir milleiros de fans e tamén algúns actores da saga Star Wars. Nós queremos celebrar en Santiago de Compostela a versión europea dese evento.

Queremos reunir nun mismo día e nunha mesma cidade a meirande cantidade posible de fans de Star Wars, vestidos co uniforme, armadura ou traxe de personaxes da Saga. Terán preferencia os personaxes do Imperio Galáctico (os malos) porque en

definitiva no Imperio Contraataca gañan eles ;)

Imos facer un gran desfile das tropas imperiais pola zona histórica da cidade. Un desfile que rematará na Praza da Quintana, onde todo o exército formará firme mentres Darth Vader pasa revista ás tropas, seguido dun grupo de gaiteiros que interpretará a Marcha Imperial.

Queremos que a noticia apareza en todos os medios de comunicación e que Internet

se inunde de fotografías e vídeos do evento. Santiago de Compostela é unha cidade antiga, patrimonio da Humanidade, e que en 2010 tamén está de celebración (o Xacobeo ou Ano Santo Compostelán). É o escenario perfecto.


Como:

Queremos que veña a Lexión Garrison 501 pois teñen os mellores uniformes e armaduras. Gustaríanos contar coa asistencia da maior cantidade posible de seus membros, aínda que non será tarefa doada porque están dispersos por toda a

xeografía española.

Queremos que todos os outros fans de Star Wars con uniforme propio (aínda que non pertenzan á Lexión 501) veñan tamén a Compostela a participar no desfile. A cidade de Santiago está afeita ás peregrinacións. Vinde de todos os rincón

s de Europa!

Imos por en marcha axiña, en Santiago de Compostela, un obradoiro para construir as nosas propias armaduras de stormtrooper. Isto permitirá a moitos que hoxe non dispoñen dunha estar listos para desfilar o gran día. No obradoiro construiríase todo agás o casco de stormtrooper, que será necesario mercar en Internet a prezos que van dos 20€ aos 60€.

Moi probablemente imos por en marcha outro obradoiro para confeccionar disfraces de jawas, para que os cativos poidan participar tamén na gran festa.

Queremos completar a celebración con outras actividades relacionadas co mundo Star Wars, pero aínda estamos a preparalas. Esta web actualizarase cada vez que haxa novidades, así que poñédea en favoritos e non deixedes de visitala.

Importante: Se cres que podes axudarnos con isto (se tes unha boa colección de maquetas para expor, por exemplo) diríxete por favor a ayuda@imperialstormtroopers.com



Read more...

quén somos?


son espazos creados por
Adolfo Palacios Fernámdez
co obxectivo de melloralo
entendemento entre as xentes mediante o ROCK

créditos ROCKgaliza

navegamos con

aloxámosnos en

engadimos

usamos

grazas tamén a víctor, txalvi, sublimotrust e + 3nd3r

créditos do difunto pirañaROCK

funcionabamos con

seguimos crendo no ROCK grazas a, entre otros moitos


Grazas especialmente a stéphane, raulín e sandrícula
Os deseños asinados por piraGNÚ teñen unha licenza Creative Commons License Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
polo que sodes tod@s libres para usalos baixo as mesmas condicións e atribuíndo a súa autoría

para o seu uso comercial podedes contactar en rockgaliza@gmail.com. piraGNÚ 2009


  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Voltar ARRIBA