29 dic 2009
Cracker na Capitol
(Moi recomendables tamén "Kerosene Hat" de 1993, "Gentleman's Blues" de 1998 e "Greenland" de 2006.)
Se non me equivoco, non veñen pola península desde hai máis de cinco anos, cando tocaron no azkena en setembro de 2003 e saíron de xira con You Am I, parando pola Capitol en xaneiro de 2004.
A orixinalidade deste grupo está no xeito de mesturar nun formato que adoitan definir como "alternativo", "indie" e demais palabros, blues, soul, power-pop setenteiro e o rock máis puro coas raices do country, os sons "americana", blue-grass...
Recoméndovolos sinceramente, sobre todo neste disco no que, sen perder a limpeza do seu son clásico, amosan máis carraxe que nunca con temas máis críticos e inconformistas que prometen sorprender.
xira CRACKER xaneiro 2010
22 - Barcelona - La2 de Apolo
23 - Murcia - Sala 12 & Medio
26 - Madrid - Sala El Sol
27 - Bilbao - Kafe Antzokia
28 - Gijón - Casino
29 - Santander - C.C. Caja Cantabria
30 - Santiago - Capitol
www.crackersoul.com
www.myspace.com/crackerhatemyspace
Entradas: la boletería
25 dic 2009
Yo la Tengo vuelven a la ciudad
13 dic 2009
Tungsteno

O volframio (tamén chamado Tungsteno no mundo anglosaxón) é un elemento químico de número atómico 74, que se encontra no grupo 6 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é W.
É un metal escaso na cortiza terrestre. Encóntrase en forma de óxido e de sales en certos minerais. De cor gris acerada, moi duro e denso, ten o punto de fusión máis elevado de tódolos metais e o punto de ebullición máis alto de tódolos elementos coñecidos. Úsase nos filamentos das lámpadas incandescentes, en electrodos non consumibles de soldaduras, en resistencias eléctricas e, aleado co aceiro, na fabricación de aceiros especiais.
A súa variedade de carburo de volframio sinterizado emprégase para fabricar ferramentas de corte. Esta variedade absorbe máis do 60% da demanda mundial de volframio.
É un material estratéxico e estivo na lista de produtos máis codiciados desde a segunda guerra mundial. O goberno dos Estados Unidos mantén unhas reservas nacionais de 6 meses xunto a outros produtos considerados de primeira necesidade para a súa supervivencia.
É fundamental para entender as sociedades modernas. Sen el non se poderían producir dunha forma económica tódalas máquinas que nos rodean e as cousas que se producen con elas.
* Número atómico: 74
* Masa atómica: 183,84 uma
* Punto de fusión: 3410°C
* Punto de ebullición: 5930°C
* Densidad: 19250 kg/m3
3 dic 2009
Liga de dardos 301 "master out" 2009-2010

Os pequenos Ñus, que quedamos orfos trala morte do pirañaROCK, fomos adoptados polo xeneroso taberneiro do TNT-El Poney Pisador, o excelente bar heavy por excelencia de Compostela e Galiza enteira e daquela pasámosnos a chamar "El Ñu Pisador".
Agora, xa rematada a ida, cunha estadística de dúas vitorias en cinco partidas non é que nos sintamos moi satisfeitos, pero como estamos afeitos a remonta-lo río contracorrente, imos dar chegado á outra beira coas menos baixas posibles.
O caso é que, como dixo alguén, o importante é o xogo e o resto, teoría dos dardos ;)
Concertos na Sala Capitol. Decembro 2009. W.A.S.P., Jello Biafra e Living Colour
20.00h. (Apertura puertas)
25€ anticipada + gastos de distribución
Entradas: Discos Gong Santiago / Centros Carrefour
FNAC / Tiendas Tipo
Quizás "Babylon" no resistiría la más mínima comparación con los discos clásicos de W.A.S.P., pero desde luego visto el nivel actual es un gran disco para cualquier seguidor del Heavy Metal "old school", y algunos de sus temas como "Thunder Red" o el inicial "Crazy" no desentonarán para nada en un repertorio junto a los clásicos.
22.00h. (Apertura puertas)
18€ anticipada / 20€ taquilla
Entradas: www.servinova.com / Tf 902 504 500
Discos Gong Santiago / A Reixa Tenda
Taquilla Plaza Ourense (A Coruña) / Elepé (Vigo).
Líder de una de las bandas Punk más influyentes, los Dead Kennedys, aparte de activista político, escritor, gran orador y dueño de una de las discográficas independientes mas influyentes, Alternative Tentacles, donde podemos encontrar al propio Biafra, los Dead Kennedys, Alice Donut, Subhumans, Melvins, DOA, The (International) Noise Conspiracy, Ratos de Porao, Butthole Surfers, Mojo Nixon, etc.
21.00h. (Apertura puertas)
22€ anticipada / 25€ taquilla
Entradas: www.servinova.com / Tf 902 504 500
Discos Gong Santiago / A Reixa Tenda
Discos Portobello (A Coruña) / Elepé y Discos Gong (Vigo)
Los ganadores de 1 Premio Grammy LIVING COLOUR publican su nuevo disco tras un parón de cinco años bajo el título de "The Chair In The Doorway"(Mastertrax) y con todos sus miembros originales: Vernon Reid, Will Calhoun, Corey Glover y Doug Wimbish.
extraído de www.salacapitol.com
1 dic 2009
Torneio 10º Aniversario Malas Pécoras- Clube Xadrez Algalia



O pasado sábado celebrouse no Malas Pécoras o Torneio mentado con gran éxito de participación, risas, empanada e caña. Grazas pola iniciativa e polo bó ambiente.










