16 nov 2007

2º Torneo de futbolín pirañaROCK

O vindeiro 1º de decembro celebrarase no templo de ludopatía no que convertíuse o noso bar pirañaROCK o segundo torneo de futbolín.
Nesta ocasión a escusa é permitir ós mellores xogadores do bar poder participar no campionato nacional (7 e 8 de decembro no hotel Torres de Compostela, en Santiago) por unha módica cantidad (10 € mentres que a inscrición do nacional son 70 € por parella).
A dinámica do torneo será a do anterior: Comezará ás 18 h. do sábado 1º de Nadal e segundo o número de participantes formaranse grupos dos que sairán os semifinalistas.
Os gañadores acadarán unha praza no nacional e máis algún premio en metálico ou trofeo por determinar. No caso de haber máis de 10 parellas inscritas serán duas as parellas que vaian gratis ó campionato.
A modalidade é "movemento", como no campionato: Non está permitido parar nin cambiar adiante e tampouco se permiten "setes", rasear, parar por detrás nin remaches cos dianteiros.
Podedes inscribirvos aquí ou no pub cando queirades.
Un saúdo e SORTE!

14 nov 2007

XI campionato nacional de futbolín Presas

Presas presenta o seu XI campionato nacional de futbolín e non podiamos deixar de anuncia-lo neste blogue, pois a sede, nesta ocasión, é Santiago de Compostela.
Celebrarase no Hotel Torres de Compostela **** e a inscrición é de 70 €. Os premios en xogo chegan ós 8000 €.
máis información en www.rpresas.com e en www.mundofutbolin.com