26 jul 2007

portada do "jueves"

se non o poño, revento. Con sorte me pechan o blogue.

19 jul 2007

Liga de dardos Compostela: Palmarés

Todo o bo remata, pero se o fai coma neste peche da liga de criquet por parellas de Compostela no Ambigú: con pintxos, premios, boa xente e, por riba levándo o 1º premio (copón!), non é tan grande a mágoa...
Noraboa ós premiados e a Toño, que a maiores de leva-lo 6º, gañou a tele que se sorteaba
campións: AmbiGNÚs
2º Arturo (na foto) e Rubén
3º Portu e Micael (a parella internacional)
4º Suso e Xosé
5º Roi e Óscar
6º Conchi e Toño (esa tele...)
culler de pao: Miguel (na foto) e Ramón
o "antes" do agape...
...e o "despois"
a foto de rigor no Bartolo
a COPA (é nossa)

1 jul 2007

Gallaecian Metal Fest

Os vindeiros 13 e 14 de xullo, os amantes do metal patrio terán a oportunidade de menea-las greñas nunha cita que ten pinta de estar moi ben organizada pola asociación de veciños de Teis, na Carballeira de A Guía, Vigo. Non volo perdades, xentes do metal